1. Navman GPS e Smart ST

A incorporación de puntos de interese no GPS Navman realizase a partir de un software, este pode ser o oficial, Smart ST, ou ben unha aplicación de transformación de formatos como é o caso do GPSBabel.

O Smart ST é un software que se obtén ó mercar un GPS Navman. Este software pode actualizarse a través da páxina web de Navman.

Sistemas operativos necesarios: Microsoft Windows XP, Microsoft Windows 2000, Microsoft Windows Millennium Edition, Microsoft Windows 98 SE

Navman GPS

2. Utilización de Smart ST Desktop

Desde a web de Turgalicia hai dispoñibles para a descarga ficheiros de puntos de interese en formato Navman CSV. A incorporación dos puntos de interese nos dispositivos GPS Navman realizarase mediante a aplicación Smart ST, seguindo o proceso descrito a continuación

2.1. Carga de puntos de interese

O ficheiro cos puntos de interese cargarase no dispositivo GPS seguindo as seguintes instrucións:

  1. Despois de instalado o Smart St Desktop no ordenador executarase a aplicación para importar os arquivos de puntos descargados e almacenados previamente

  • Antes de nada será necesaria a conexión do GPS ó computador por medio dun cable USB. Producirase unha sincronización. Unha vez sincronizado o GPS seleccionarase “mapa” opción “puntos de interese” e abrirase o editor de puntos de interese Smart ST.

  • Seleccionarase a opción abrir arquivo de texto ou haberá que facer clic na icona que aparece na barra (Abrir). Navegarase polo directorio ata atopar onde están almacenados os arquivos .csv dos POI.

    Editor de puntos de interes

  • Do listado que aparece deberán seleccionarse os arquivo que interesan (arquivos csv).

    Editor de puntos de interes

  • Seleccionada a opción arquivo, este deberá gardarse no dispositivo facendo clic na icona que semella unha PDA (PDA) .

    Opciones

  • Na pantalla anterior pódese indicar si se desexa que o punto de interese estea activo e o tipo de aviso. Permite seleccionar o nivel de visibilidade de iconas e indicar estas. Isto poderá facerse clicando no botón que ten tres puntos e se busca o arquivo coa extensión .bmp.

  • Unha vez aceptado o cadro de diálogo deberase incorporar o nome con que o arquivo será gardado no dispositivo

    Nombre de archivo

  • Editor de puntos

  • Unha vez gardados os novos POI, a aplicación poderá pecharse e retirar o GPS conectado o computador por medio dun cable USB.

  • 2.2. Visualizar os puntos de interese

    Despois de cargados os puntos de interese, estes poderán visualizarse no dispositivo Navman GPS de maneira rápida e sinxela

    3. Mecanismos de conversión a outros formatos con GPS Babel

    3.1 Carga de puntos de interese

    O programa GPSBabel permite a conversión entre máis de 140 formatos de arquivos para poder traballar con eles en diferentes programas de edición e tratamento de datos xeográficos e modelos de receptores GPS.

     

    Xunta de Galicia

    © 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
    Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

    Galicia
    Arriba