Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Camiño de Santiago > Máis de interese... > Engadir á "Miña viaxe"

Camiño de Santiago...

O botafumeiro

En celebracións litúrxicas especiais, os visitantes teñen ocasión de contemplar a singular cerimonia do botafumeiro, un espectacular incensario de latón prateado, de oitenta quilos de peso, cuxa misión orixinaria foi aromatizar o templo.

  • Botafumeiro - Catedral de Santiago

Colga dunha corda desde o alto do cruceiro, e dun empuxón a xeito de impulso desvíase da vertical. Mentres se balancea como un péndulo, oito homes (chamados tiraboleiros) soltan corda no punto máis alto do movemento e tiran dela no máis baixo. Amplifícase así a oscilación do botafumeiro ata elevalo 21 metros ao alto da bóveda, nun arco de 65 metros ao longo do transepto dende a porta da Acibecharía ata a de Pratarías. Pasa a rentes do chan a unha velocidade de 68 km/h, deixando tras si un fino ronsel de fume e aroma a incenso.

A revista Scientific American publicou un estudo monográfico sobre “A física do Botafumeiro”. Nel o seu autor, Juan Ramón Sanmartín Losada, afirmaba que o manexo deste gran botafumeiro podía orixinar as primeiras experiencias sobre o "caos determinista", unha lei física semellante á que se cumpre nos bambáns e nos péndulos. Pero no caso do botafumeiro esta lei faise máis evidente grazas á acción aceleradora dos tiraboleiros, xa que non se empurra senón que se bombea. A regra para bombear o botafumeiro foi descuberta uns 400 anos antes de que Galileo e Hyghens analizasen o péndulo, aínda que non foi aplicada antes do século XIII, ao introducirse un mecanismo multiplicador, a base de tambores coaxiais de diferentes diámetros, sen o cal o máximo desprazamento radial do botafumeiro sería de metro e medio, igual á lonxitude de corda que os tiradores desprazan, e a máxima que un bombeo confortable permite.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba