Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • O Courel
    O Courel

    Sobre lousa viva...

  • O Courel
    O Courel

    Sobre lousa viva...

  • O Courel
    O Courel

    Sobre lousa viva...

  • O Courel
    O Courel

    Sobre lousa viva...

  • O Courel
    O Courel

    Sobre lousa viva...

Inicio > Visita estes... destinos > Espazos naturais > LIC - Rede Natura 2000 > O Courel > Engadir á "Miña viaxe"

Descansa en...

Ver máis
Central de Reservas

Central de Reservas

Coñeza e faga as súas reservas nas casas de turismo rural de Galicia

O Courel

Sen Perda

Sen duda O Courel é a gran reserva verde de Galicia e conta cun importante patrimonio histórico.

Percorrido - Día 1º

A ruta pola serra do Courel pode comezar en Samos ou no Cebreiro, dependendo das preferencias do viaxeiro. O noso consello é partir de Samos, onde visitaremos o fermoso mosteiro de San Xulián, fundado en plena etapa visigótica por San Martiño de Dumio e construído en distintos períodos con estruturas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. Este templo conta cunha hospedaxe que vén moi ben para repoñer forzas, descansando nun lugar onde a tranquilidade enche todo.

Ampliar
  • Mosteiro de San Xulián de Samos

    Mosteiro de San Xulián de Samos

    No medio dun frondoso val atópase a Abadía Benedictina de Samos, que segue sendo mosteiro na actualidade, O Real Mosteiro de San Xulián ou San Xián...

  • Claustro do Mosteiro de Samos

    Claustro do Mosteiro de Samos

    No medio dun frondoso val atópase a Abadía Benedictina de Samos, que segue sendo mosteiro na actualidade, O Real Mosteiro de San Xulián ou San Xián...

  • Igrexa de Santiago de Triacastela

    Igrexa de Santiago de Triacastela

    A igrexa de Santiago de Triacastela construíuse en época románica, pero sofre unha reforma profunda no século XVIII...

  • Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

    Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

    O Santuario de Santa María A Real, construído no século IX, foi restaurado en 1962 e conta cun atrio no que hai bidueiros, pradairos e capudres...

  • Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

    Santuario de Santa María A Real do Cebreiro

    O Santuario de Santa María A Real, construído no século IX, foi restaurado en 1962 e conta cun atrio no que hai bidueiros, pradairos e capudres...

  • Conxunto singular: Pallozas do Cebreiro

    Conxunto singular: Pallozas do Cebreiro

    Conxunto de vivendas prerromanas, que resultan da adaptación dos homes ás condicións climatolóxicas adversas...

Non deixes de ver...

A dez quilómetros desta localidade, en dirección ao Cebreiro, polo denominado Camiño Francés, está a aldea de Triacastela onde podemos visitar a igrexa de Santiago. Construída en estilo románico sufriu unha profunda reforma no S. XVIII. A 11 km de Triacastela encontramos o lugar de Fonfría e a igrexa parroquial de San Xoán, de especial interese. Construída no século XVI sofre importantes reformas posteriores.

 

Continuando o percorrido pola estrada LU-633 encontramos o alto do Poio, un lugar de gran beleza rodeado de bosques. Desde este miradoiro, situado a 1.337 m de altitude, contémplase a serra do Rañadoiro e o val que se forma os seus pés. Tamén podemos ver o monumento ao peregrino no alto de San Roque, a 1.270 m.
Se continuamos na mesma dirección chegaremos á aldea do Cebreiro, a 23 km de Triacastela. Un dos monumentos, de parada obrigada, é o santuario de Santa María A Real. Un templo fundado polo Conde Aurillac e construído no século IX, pero con importantes reformas posteriores.
Outro dos sitios que se debe visitar nesta localidade é o Museo Etnográfico, emprazado en varias pallozas que conservan a súa estrutura orixinal. Esta poboación é moi coñecida por ser a porta de entrada do Camiño Francés en Galicia, polos seus monumentos e paisaxes, pero tamén polos seus queixos. Todos os anos se celebra na serra unha feira de exaltación deste produto gastronómico.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba