Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

  • Os Ancares
    Os Ancares

    Feitizos de montaña...

Inicio > Visita estes... destinos > Espazos naturais > LIC - Rede Natura 2000 > Os Ancares > Engadir á "Miña viaxe"

Descansa en...

Ver máis
Central de Reservas

Central de Reservas

Coñeza e faga as súas reservas nas casas de turismo rural de Galicia

Os Ancares

Sen perda

Percorrido - Día 1º

Comezamos a nosa ruta polos Ancares na vila de Becerreá.

Ampliar
  • Serra dos Ancares

    Serra dos Ancares

    Monte baixo cobre gran parte das abas orientais. Importantes colonias arbustivas pola produción de bagas como os acivros e arando. Abundan os soutos e as carballeiras...

  • Serra dos Ancares

    Serra dos Ancares

    Monte baixo cobre gran parte das abas orientais. Importantes colonias arbustivas pola produción de bagas como os acivros e arando. Abundan os soutos e as carballeiras...

  • Castelo de Doirás

    Castelo de Doirás

    Tomando a estrada que segue o val deste río, chegamos ao Castelo de Doiras, o monumento máis importante do concello de Cervantes. Está situado a máis de 1.000 metros de altitude...

  • Campo da Braña - Os Ancares

    Campo da Braña - Os Ancares

  • Donís - Os Ancares

    Donís - Os Ancares

Non deixes de ver...

Tomamos a estrada provincial LU-722, localizada á esquerda da N-VI en sentido Madrid (á dereita en sentido á Coruña).

Xa na estrada LU-723, as primeiras localidades que encontramos son A Borquería e As Pontes de Gatín. Ao chegarmos ao lugar de Liber, encontrámonos con sinais que nos indican "Os Ancares por Doiras a 30 km". Nese punto, desviámonos á dereita.

A partir de aquí, a primeira aldea que encontramos é Lama de Rei. Sucesivamente pasamos O Mosteiro, O Fabal, Vilanova e, despois de percorrer os 30 km anunciados, chegamos á localidade de Doiras. Durante os meses de inverno, nese punto, debemos prestar atención aos carteis que nos indican se, por mor da neve, o porto de Piornedo ou o do Portelo están abertos ou pechados.

Na aldea de Doiras encóntrase o castelo do mesmo nome, unha fortificación do século XVI. É de propiedade privada e non se pode visitar. Outro monumento de interese é a ponte romana sobre o río Cervantes.

Un quilómetro e medio máis adiante encontramos un cruzamento. Viramos cara á esquerda en dirección Degrada, poboación que se encontra a 11,2 km de Doiras, a medio camiño entre Castelo de Frades e Cela. Ao chegar á Degrada e A Campa da Braña, localidade coñecida polas Brañas de Brego e o Club de montaña Os Ancares, encontrámonos á dereita a encrucillada que nos leva cara a aula da natureza do Parque Natural dos Ancares.

Un dos itinerarios que podemos seguir desde o lugar da Degrada é a subida ao pico dos Tres Bispos, chamado así porque parece ser que era o lugar onde se reunían os bispos das tres dioceses limítrofes. Nesta zona, existen bosques de acivros, árbores de espectacular beleza. Debido a que esta especie de flora está en perigo de extinción, actualmente sanciónase a súa poda e recolección no campo.

Continuando todo para a fronte, dirixímonos a Piornedo, fin da nosa primeira xornada.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba