Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
    Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

    Paisaxes da raia seca...

  • Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
    Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

    Paisaxes da raia seca...

  • Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
    Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

    Paisaxes da raia seca...

  • Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
    Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

    Paisaxes da raia seca...

Inicio > Visita estes... destinos > Espazos naturais > Parques Naturais > Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés > Engadir á "Miña viaxe"

Descansa en...

Ver máis
Central de Reservas

Central de Reservas

Coñeza e faga as súas reservas nas casas de turismo rural de Galicia

Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés

Sen perda

Antes de entrar no parque, a principal vía de acceso pola estrada OU-540 ofrece aos visitantes importantes paradas para coñecer o patrimonio histórico da zona.

Aquis Querquernis é o xacemento romano formado por un campamento e unha mansio viaria situada á beira do encoro das Conchas, no concello de Bande. Nas proximidades sitúase o moderno Centro de Interpretación Aquae Querquenae - Via Nova. Tamén nesta altura salienta a igrexa prerrománica de Santa Comba de Bande cuxa nave e as pinturas murais son de obrigada visita.

Ampliar

Xa no parque existen rutas en automóbil que enlazan os miradoiros naturais e paraxes significativas; unha ruta ecuestre; e moitas posibilidades de sendeirismo por cada unha das serras que forman a raia. Algunhas de trazado moi esixente. Lobios, na marxe esquerda, e Entrimo, na dereita, son as capitais do parque. Na vila balneario de Lobios, coas augas termais do río Caldo, sitúase a Sede e Centro de Interpretación.

Na mesma localidade, a escasos metros do balneario, atopamos os restos romanos visitables da mansio Aquis Originis. O traxecto pola estrada que continúa desde Lobios ata o paso fronteirizo de Portela do Home permite observar desde a distancia a fervenza da Fecha, a máis alta de Galicia en época de chuvias, e tamén coñecer o conxunto de numerosos miliarios da calzada romana.

Desde A Terrachá, capital municipal de Entrimo, que conta cunha interesante igrexa de fachada barroca, parten os desvíos cara á serra de Queguas e O Quinxo. Por exemplo, o que conduce ata a aldea de Olelas, un dos mellores sitios para ver os exemplares da vaca cachena. É a raza bovina autóctona, de pequeno tamaño e longos cornos, adaptada á dureza da serra e que nos últimos anos está saíndo do perigo de extinción.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba