Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Turismo mariñeiro > Actividades de turismo mariñeiro > Mariñeiro en terra > Engadir á "Miña viaxe"

Pasea o mar!

Rutas mariñeiras en terra

Percorridos pola costa para coñecer os seus segredos agachados.

por páxina
Confraría de pescadores

Fisterra, pescando onde o solpor: Roteiro guiado

A confraría ofrece a realización de roteiros guiados desde o museo de pesca ata a lonxa, con visita as casetas de armadores ou ao peirao, entre outras.
Reserve en: Confraría de pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
Confraría de pescadores de Lira - Mardelira

Rutas por terra – Mardelira

Unha mariscadora guiaranos por distintos roteiros onde se desenvolve a vida nun porto pesqueiro e a actividade marisqueira. Os feitos mais salientables na historia desta pequena vila mariñeira quedan gravados no porto e na vida da xente do mar, polo que estas rutas están pensadas para que o visitante coñeza mais de preto a vida do porto e da comunidade mariñeira.
Reserve en: Confraría de pescadores de Lira - Mardelira
Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe

Visita guiada polo porto de Laxe - Mardelaxe

A visita consiste na realización dun percorrido polo porto no que se amosa a vida do mar, os traballos en terra estarán representados na figura  das mulleres que nos ensinarán os segredos da súa profesión e a xornada mariña rematará coa venta na lonxa; todas elas actividades cheas de historia e tradición.
Reserve en: Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe
Confraría de pescadores de O Pindo

Programa “Pindo Mariño”

Roteiro do porto de Quilmas: Visita ao porto natural e peirao de Quilmas, así como ás casetas de pescadores e antigas fábricas de salga. Duración aproximada da actividade: 1 hora e 30 minutos ( Todo o ano).Roteiro de Caldebarcos: Visita ás antigas instalacións ligadas á actividade pesqueira, e ás súas casetas recentemente restauradas, así como ao contorno natural da Berberecheira, onde se desenvolven actividades de marisqueo a pé.Duración aproximada da actividade: 2 horas ( Todo o ano).Roteiro do Fornelo: Partindo do peirao do Sinal (peirao do Pindo) acercarémonos a unha parte pouco coñecida do pobo: a praia de Fornelo, coa antiga fábrica de salga e as súas furnas e a farola con impresionantes vistas panorámicas da zona.Duración aproximada da actividade: 1 hora ( Todo o ano).
Reserve en: Confraría de pescadores de O Pindo
Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Cambados (Guimatur)

Guimatur - Ruta do porto de Cambados

 A ruta comeza coa asistencia á poxa da lonxa de mariscos con explicación do seu funcionamento. Acercaremonos posteriormente ao porto para ver os distintos tipos de barcos e artes de pesca que usan, visitaremos a nave de redeiras e finalmente a depuradora de mariscos.  
Reserve en: Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Cambados (Guimatur)
Concello de Vigo

100 minutos de mar

Ruta autoguiada que transcorre pola zona portuaria de Vigo. Comeza na Praza da Pedra e finaliza no emblemático barrio de O Berbés. Durante este percorrido podemos coñecer a evolución histórica do porto, así como a súa relevancia para a cidade nos últimos séculos.
Reserve en: Concello de Vigo
Roteiros

Ruta das algas

Na ruta  percorreremos unha sucesión de fermosas praias na parroquia de Loiba para descubrir o traballo das marisacadoras e algueiras da zona, con sorpresas como a estampa das recolectoras de algas xunto aos seus burros que suben coas alforxas cheas desta planta mariña.
Reserve en: Roteiros
Confraría de pescadores

Fisterra, pescando onde o solpor: Roteiro guiado

A confraría ofrece a realización de roteiros guiados desde o museo de pesca ata a lonxa, con visita as casetas de armadores ou ao peirao, entre outras.
Reserve en: Confraría de pescadores "Nuestra Señora de las Arenas" de Fisterra
Confraría de pescadores de Lira - Mardelira

Rutas por terra – Mardelira

Unha mariscadora guiaranos por distintos roteiros onde se desenvolve a vida nun porto pesqueiro e a actividade marisqueira. Os feitos mais salientables na historia desta pequena vila mariñeira quedan gravados no porto e na vida da xente do mar, polo que estas rutas están pensadas para que o visitante coñeza mais de preto a vida do porto e da comunidade mariñeira.
Reserve en: Confraría de pescadores de Lira - Mardelira
Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe

Visita guiada polo porto de Laxe - Mardelaxe

A visita consiste na realización dun percorrido polo porto no que se amosa a vida do mar, os traballos en terra estarán representados na figura  das mulleres que nos ensinarán os segredos da súa profesión e a xornada mariña rematará coa venta na lonxa; todas elas actividades cheas de historia e tradición.
Reserve en: Confraría de pescadores de Laxe - Mardelaxe
por páxina
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba