Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Terras de Santiago > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Cidade da Cultura de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

Situada en Santiago de Compostela, emblema da tradición cultural europea e cuxa cidade histórica foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

Terras de Santiago

Patrimonio

Ampliar
Oito Camiños a Santiago vertebran este xeodestino impregnándoo de pegadas da cultura xacobea. O Camiño do Sueste atravesa os concellos de Vedra e Boqueixón. O Camiño Portugués chega a Santiago a través de Padrón, Rois e Teo; a Ruta de Fisterra-Muxía atravesa Ames, Negreira e Santa Comba; o Camiño Inglés, Ordes e Oroso; o Camiño Francés pasa no seu tramo final por Melide, Arzúa e O Pino; o do Norte por Sobrado, Boimorto, Arzúa e O Pino e o Primitivo por Toques, Melide, Arzúa e O Pino. A Ruta do Mar de Arousa remataba historicamente en Padrón.

O paso dos camiñantes durante séculos por este destino deixou tras de si un ronsel de manifestacións artísticas, arquitectónicas e culturais que chegou ata os nosos días e que identifica estas terras como destino turístico. A maxestosa Catedral de Santiago érguese na Praza do Obradoiro da capital de Galicia como o símbolo máis potente de toda unha civilización. Mención aparte neste xeodestino merece a cidade de Santiago de Compostela, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 (tamén o Camiño de Santiago Francés é Patrimonio da Humanidade nos seus trazados por España e Francia e foi declarado o primeiro itinerario cultural europeo) que constitúe a pedra angular deste territorio e a meta de todos os Camiños.

Ademais da Catedral e das prazas adxacentes á mesma, Santiago ten infinitos recursos patrimoniais que conforman a xoia arquitectónica e cultural que é hoxe. O Hostal dos Reis Católicos, a Colexiata de Sar, o Pazo de Xelmírez, o Convento de San Martiño Pinario, o Convento de San Paio de Antealtares, a igrexa de San Domingos de Bonaval e o Museo do Pobo Galego, a igrexa do Convento de Santa Clara, o Museo de Terra Santa..., e novas construcións como o Centro Galego de Arte Contemporánea ou a espectacular Cidade da Cultura de Galicia, dedicada ao coñecemento e á creatividade contemporánea e que permite integrar nunha construción única e de referencia mundial un instrumento para o desenvolvemento cultural de Galicia.

Estes son soamente algúns dos principais recursos turísticos dunha cidade aberta ao mundo. A magnífica riqueza patrimonial de Terras de Santiago fai deste xeodestino un mundo de posibilidades para todos os interesados no culto e na cultura xacobea pero tamén na arquitectura civil, nas paraxes naturais, na arquitectura fortificada e nos costumes e tradicións populares. 

Algúns dos exemplos máis destacados do patrimonio artístico e monumental desta zona de Galicia son as construcións megalíticas que atesoura Terras de Santiago. O Dolmen dos Cabaleiros (en Tordoia), tamén coñecido como Casa da Moura é Monumento Histórico Artístico e constitúe unha magnífica mostra da arquitectura funeraria do neolítico no Noroeste peninsular.
Entre o patrimonio relixioso desta parte de Galicia fai falta resaltar santuarios como o de Santa María de Herbón ou a igrexa de Santiago de Padrón que garda o Pedrón (ara romana dedicada a Neptuno na que, segundo a Tradición, amarrouse a barca de pedra que transportou o corpo do Apóstolo Santiago); tamén ostentan gran relevancia as igrexas de San Vicente na Baña, as de Santa María e Sancti Spiritus en Melide, a de Santo Antoniño en Toques, a de Santa María de Mezonzo en Vilasantar, a de Santa María de Lampai en Teo, a igrexa de Bastavales (á que canta Rosalía de Castro nos seus poemas) ou a igrexa e as pinturas murais de Santa María de Boimorto.

O Camiño de Santiago propicia a aparición de numerosos elementos patrimoniais e históricos vinculados á ruta e espallados por todo este territorio, como é o caso da fonte barroca e a capela do Santiaguiño en Vedra. En Arzúa, os fornos de cal da Castañeda, recollían as pequenas pedras que portaban os peregrinos durante a época de construción da basílica compostelá. En Negreira, ademais do magnífico Pazo do Cotón e da singular paraxe da Ponte Maceira co Pazo de Baladrón, está o Pazo da Chancela, en cuxo escudo pódese ver a ponte que coa súa destrución cortoulles o paso aos perseguidores dos discípulos de Santiago que fuxían do legado romano de Fisterra; en Brión, o Castro Lupario, dominado pola raíña Lupa e delimitado por murallas; en Boqueixón, o Pico Sacro preside as paisaxes circundantes e está vinculado á tradición da Traslatio do corpo do Apóstolo de Iria a Compostela. Tamén existen na zona recursos museísticos moi relevantes como a Casa Museo da Matanza en Padrón, onde viviu e faleceu Rosalía de Castro.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba