Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Ancares - Courel > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Pallozas e bosques

Pallozas e bosques

Situada a 1.200 metros de altitude, a aldea de Piornedo, en plena Serra dos Ancares, constitúe un dos tesouros etnográficos...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

Ancares - Courel

Patrimonio

Ampliar

Existen en Ancares-Courel concentracións poboacionais moi singulares da montaña lucense. Exemplos da vida tradicional destas comarcas son aldeas como a de Froxán , en Folgoso do Courel, cuxa arquitectura e construcións populares, xunto coa conservación das súas tradicións e costumes convertérona en Ben de Interese Cultural . Outra das reliquias etnográficas desta zona é a aldea de Seceda , sita tamén no mesmo concello, que é un verdadeiro museo vivente que se atopa moi preto do Castro da Torre de Sobredo , un dos mellor conservados da zona cunha contorna natural que o transforma nunha xoia etnográfica.

O patrimonio relixioso destas terras fai xurdir prodixios de pedra por entre a frondosa vexetación. En Becerreá fai falta visitar a igrexa de Santa María de Penamaior ; no Incio, o templo parroquial de San Pedro Fiz do Hospital (única igrexa románica en mármore da Península), nas Nogais, a igrexa de Santo André , con interesantes pinturas murais.

Tamén a arquitectura fortificada ten representación no territorio. Admirables exemplos de construcións defensivas son o castelo-fortaleza de Burón (na Proba de Burón), na Fonsagrada está o castelo de Navia de Suarna ou a torre de Doncos e a fortaleza de Torés nas Nogais.

Escenario do dominio dos Condes de Trastámara, dos Condes de Altamira e tamén das revoltas Irmandiñas, este territorio da provincia de Lugo conserva aínda algunhas mámoas ou medorras (túmulos), entre elas unha das máis relevantes concentracións tumulares do Noroeste peninsular: a necrópole de Santa Mariña , na confluencia dos concellos do Incio, Samos e Sarria. Tamén son relevantes os túmulos da parroquia de San Salvador en Negueira de Muñiz. Na zona consérvanse tamén restos da época castrexa e prerrománica, como as pallozas de Piornedo ou as do Cebreiro (convertidas algunhas delas en museo etnográfico), e como a fermosa igrexa de Santa María A Real do Cebreiro , o templo prerrománico máis antigo do Camiño Francés; así como elementos patrimoniais do tempo da romanización.
O Alto do Cebreiro é o punto de entrada do Camiño de Santiago en terras galegas e o cáliz do milagre do Cebreiro (que se conserva no santuario e que está vinculado á lenda do Santo Graal) forma parte do escudo de Galicia. O Camiño Francés continúa o percorrido do Cebreiro a Triacastela, pero a ruta non abandona este xeodestino ata descubrir un dos seus tesouros máis prezados, o convento beneditino de Samos , considerado como un dos máis antigos de Occidente e a singular capela do Salvador , chamada tamén do ciprés polo exemplar desta especie que ten á beira e que supera os mil anos de vida. Os peregrinos do Camiño Primitivo entran en Galicia polo Porto do Acevo na Fonsagrada. A tradición di que o topónimo de Fonsagrada (fonte sacra) orixinouse debido a unha fonte que había na vila vinculada a un milagre do Apóstolo Santiago, quen foi atendido hospitalariamente por unha pobre viúva e como agradecemento o Apóstolo converteu en leite fresco a auga dunha fonte para os fillos da muller. É esta unha terra máxica, de lendas e contos, de milagres e marabillas. O Camiño Primitivo abandona Ancares-Courel por terras do municipio de Baleira.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba