Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Celanova - Limia > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Historia viva

Historia viva

O pequeno tesouro do xeodestino Celanova-Limia chámase San Miguel de Celanova. Esta pequena construción mantívose intacta durante máis dun milenio...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

Celanova - Limia

Patrimonio

No imaxinario colectivo queda o paso por aquí das lexións romanas.

Ampliar

En efecto, no Itinerario de Antonino figura a Vía XVIII ou Vía Nova, que unía Braga con Astorga. Desde terras portuguesas salva a que hoxe é fronteira por Portela de Home e rapidamente baixa. Unha parte foi reconstruída para ter unha idea de como era entón, xusto logo da maior concentración de miliarios que existe en Galicia.

Non tan lonxe hai que ir no tempo para atopar un convento emblemático: Celanova, que mostra a particularidade de que no seu recinto encerra un minúsculo templo posto baixo a advocación de San Miguel e que se encadra na arte prerrománica. Como prerrománica é tamén Santa Comba de Bande.
Pola súa banda, a chaira da Limia está defendida por catro torres. Tres delas non deixan indiferente a ninguén. Son: Sandiás (un exemplo de como desafiar a verticalidade), A Pena (en Xinzo, dominando a parte máis setentrional e en moi bo estado) e A Forxa (concello de Porqueira), e unha máis da que quedan ruínas no alto dun monte que permite admirar toda esa chaira (Celme, en Rairiz de Veiga). Fai falta citar polo menos tres fortificacións máis: o castelo dos Araúxo, en Lobios, do que só quedan uns restos mais nun lugar que domina unha panorámica espectacular; a torre de Vilanova , en Celanova, que chegou a acoller ata as oficinas do concello; e o inaccesible castelo de Sande (Celanova tamén).

 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba