Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Rías Altas > A Coruña e As Mariñas > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

Betanzos e Pazo de Mariñán

Betanzos e Pazo de Mariñán

Custodiado polos ríos Mendo e Mandeo, o casco histórico de Betanzos constitúe un dos máis belos centros monumentais de Galicia...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

A Coruña e As Mariñas

Patrimonio

Ampliar

O espazo articúlase en torno a cidade da Coruña, que é, ademais, capital da provincia. Este xeodestino esconde potentes reclamos turísticos como o de posuír o faro máis antigo do mundo en funcionamento (a Torre de Hércules); un dos paseos marítimos máis longos de Europa (o da Coruña); un dos castros máis grandes da Galicia setentrional (o Castro de Elviña); o son do mar máis bonito do mundo segundo o concurso internacional organizado pola cidade polaca de Slupsk (o do mar e as gaivotas da praia do Orzán); o primeiro parque temático de Occidente (o Parque do Pasatempo en Betanzos).

A Coruña é un dos portos de entrada dos peregrinos que percorren o Camiño Inglés. A ruta atravesa neste xeodestino os concellos de Miño, Paderne, Betanzos e Abegondo na variante procedente de Ferrol e os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Carral na variante que comeza no porto coruñés.

A ampla oferta turística da cidade da Coruña dificulta a tarefa de escoller recursos para recomendar aos visitantes. Desde o Monte de San Pedro ao xardín romántico de San Carlos (coa arca fúnebre do Xeneral Sir John Moore); desde a igrexa de Santiago no Camiño Inglés ata as de Santa María do Campo ou San Xurxo; desde a Cidade Vella ao castelo de San Antón pasando pola súa ampla oferta museística como a Casa das Ciencias, o Museo de Belas Artes ou a Domus e a Casa dos Peixes, sen esquecer a Torre de Hércules, o seu flamante Patrimonio da Humanidade da UNESCO, todos constitúen un motivo único para non deixar pasar a oportunidade de mergullarse nos segredos da cidade herculina.

Mais tamén no resto dos concellos que compoñen A Coruña e As Mariñas se poden descubrir lugares incribles, cheos de historia, de tradición, de beleza e de natureza intacta. Castros como os de Alvedro en Culleredo, o das Flores en Coirós, o de Samoedo en Sada, ou os de Vilar de Corna ou Baiuca en Cesuras ou os megálitos do Xalo en Carral, son o legado dos antigos habitantes destas terras que sobrevive na paisaxe das Mariñas.

A arquitectura relixiosa da zona atesoura importantes construcións que, en boa parte, forman parte do inventario de Bens de Interese Cultural. Tal é o caso de igrexas como as de Santa María de Azogue e San Francisco en Betanzos, a igrexa do antigo mosteiro de San Nicolao de Cis en Oza dos Ríos ou a igrexa de Santa María de Dexo en Oleiros. Outros monumentos de gran relevancia na zona son Santa María de Cambre (unha auténtica xoia do románico galego), a igrexa de Santiago do Burgo en Culleredo, o convento de San Salvador en Bergondo, as igrexas de San Paio e San Pedro en Aranga e a igrexa oxival de Santiago en Betanzos.

Entre a arquitectura civil paga a pena coñecer o Edificio A Terraza en Sada, o Pazo de Anceis en Cambre, a ponte medieval do Burgo entre Cambre e Culleredo, o Pazo de Figueroa en Abegondo ou a ponte medieval sobre o río Baxoi en Miño. O Pazo de Mariñán (en Bergondo), dentro da ruta da camelia, está situado xunto ás marismas de Betanzos ás que se asoma desde os seus xardíns.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba