Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Costa da Morte > Engadir á "Miña viaxe"

Destacado...

De Faros e Cabos

De Faros e Cabos

A luz do Faro de Fisterra -que chega a alcanzar os 65 km de lonxitude- guía os barcos na súa navegación por estas augas perigosas...

ver máis

Pódeche interesar...

Ver máis

Costa da Morte

Patrimonio

A Costa da Morte é terra de lendas e unha delas cóntanos que a Virxe aparecéuselle ao Apóstolo nunha barca de pedra da que hoxe quedan os restos nesta costa como testemuño dese milagre que serían as pedras de Abalar e dos Cadrís.

Ampliar

A Costa da Morte é unha loita constante da terra coa auga, as ondas baten no maxestoso faro de Fisterra, onde os peregrinos chegan a queimar as súas roupas tras a longa camiñada. A auga discorre pola máxica marisma e areal de Baldaio, repousa baixo a ponte romana de Lubiáns e no Ézaro precipítase polas penas facendo un encaixe de bágoas frías. A auga acariña o pintoresco porto de Caión e a pedra compón os hórreos de Pidre, as Torres do Allo, o castelo de Vimianzo e déixase balancear polo vento en Muxía, ao carón do santuario da Virxe da Barca.

O dolmen de Dombate, o castro de Borneiro, o hórreo de Carnota, o Cemiterio dos Ingleses en Camariñas, os pazos de Corcubión, a igrexa do antigo mosteiro de Moraime (Muxía) ou as igrexas de Santa María das Areas ou de Xunqueira, no que noutro tempo foi a fin da terra coñecida, escúlpense contra a paisaxe desta costa que ten tristeza no nome pero alegría na alma.

A Costa da Morte leva impresa nas súas xentes a tradición do mar e do traballo ben feito. Nos seus museos e coleccións visitables pódese vivir a vida desta terra sen comparanza. O Museo do Encaixe de Camariñas ou o Museo da Olaría de Buño en Malpica de Bergantiños, así como o Museo do Traxe de Vimianzo, achegan pinceladas dunha cultura que permanece a través dos tempos no fin da terra galega. 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba