Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Ruta da camelia > Pazos e Xardíns > Engadir á "Miña viaxe"

Pazo de Mariñán no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Ruta da camelia...

Pazo de Mariñán

Camelias, aromas e silencios...

«A nada, aquí». O escultor puxo a obra e o pazo a lenda.

Cabo do peirao do pazo de Mariñán existe unha lápida de mármore coa inscrición «la nada, aquí». Non se sabe se é unha referencia filosófica, relixiosa, ou o desconsolador epitafio dunha tumba, pero o caso é que incita á reflexión, dá azos á curiosidade e serve de alicerce á lenda. Sobre todo porque a lápida en cuestión ten forma de rizo, daqueles que levaban as damas nun camafeo onda o peito; a lembranza se cadra do que puido ter pasado nunha noite de lúa con dous homes embozados, unha dama e unha barca, por exemplo. Habería un morto, abofé.

O que está claro é que o cabaleiro retornou dende o eterno, ben é verdade que en calidade de estantiga, para lle indicar á súa amada a futilidade dos afáns desta vida: «a nada aquí», «sic transit gloria mundi», díxolle aboiando sobre o valado que separa o pazo da ría. A dama deixou caer o camafeo co rizo e pasou deseguida a engrosar as fileiras do «alí», é dicir, do alén, sen que ata a data volvese tornar por «aquí», nin sequera como estantiga.
  
Séculos máis tarde, un escultor coruñés recolleu sen sabelo o recordo do rizo e da visita, que por certo se segue a producir en habendo unha noite de luar e un viaxeiro predisposto a asumir o transcendente.

E para chegarmos ao escenario do suceso, da historia imaxinada e da certa, hai que atravesar un parque salferido de aromas e silencios. Unha estrada de camelias envoltas no ricaz recendo verdinegro dunha fraga de eucaliptos que tornan loureiro, buxo ou lavanda derredor do labirinto ata dar co olor a humidade que anuncia a auga.
 
Alí, as camelias de Mariñán contemplan a outra beira, unhas cantas canoas, unha casa, e por veces un tren que transporta lonxe os soños do viaxeiro, impasibles ao escoar do tempo; a nada aquí, di a pedra, porque en Mariñán a eternidade ten feitío de camelia.

Información visitas:
+34 648 683 468
+34 981 777 001 / +34 981 791 578
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán
  • Pazo de Mariñán
    Pazo de Mariñán

Documentos relacionados...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba