Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Cidades > A Coruña > Presentación Engadir á "Miña viaxe"

Cidade de A Coruña

De día e de noite, aquí sempre hai ambiente. Esta é unha cidade para pasear e gozar, con praias en pleno centro e, presidido pola Torre de Hércules, un longo Paseo Marítimo que a rodea case por completo.

Os coruñeses e as coruñesas teñen fama de vivir ben, así que sigue os seus costumes. Senta nunha terraza na Praza de María Pita e descubre a súa apaixonante historia. Ou pasea polos Cantóns e admira as súas famosas galerías de cristal, de estilo modernista. E se queres ir de compras este é o sitio perfecto, sobre todo se queres vestir á moda. 

Alén disto, A Coruña ten excelentes museos como o de Belas Artes, a Casa das Ciencias, a Domus ou o Arqueolóxico, no Castelo de San Antón. E á tardiña, nada como o acolledor e romántico Xardín de San Carlos ou se prefires animación, os Xardíns de Méndez Núñez, en pleno centro. Aquí está o Kiosko Alfonso, hoxe sala de exposicións e antes un cine con dúas salas divididas pola pantalla, de modo que se pagaba unha entrada máis barata... vendo a película por detrás.

Ampliar
  • Castelo de San Antón

    Castelo de San Antón

    Orixe no s. XVI, reformas no XVIII. Nun pequeno illote da baía coruñesa, hoxe en día unido á terra firme, foi erixido para acoller os enfermos contaxiosos e posteriormente funcionou coma fortaleza e prisión. Nel atópanse as dependencias do museo arqueolóxico.

  • Convento e Praza de Santa Bárbara

    Convento e Praza de Santa Bárbara

    Da 2a metade do s. XV, foi ampliado nos s. XVII e XVIII. Ubicado nunha praza de peculiar beleza.

  • Convento de Santo Domingo

    Convento de Santo Domingo

    Estilo barroco galego do s. XVIII. Interesante torre oblicua ao eixo da igrexa. Alberga a capela da Nosa Señora do Rosario, padroa da cidade.

  • Galerías Coruñesas

    Galerías Coruñesas

    Na Avda. da Mariña. Construcións acristaladas do s. XIX para aproveitar mellor as horas de sol. Déronlle á cidade o sobrenome de Cidade de Cristal.

  • Igrexa de San Nicolás

    Igrexa de San Nicolás

    Estilo barroco de comezos do s. XVIII.

  • Igrexa de San Xurxo

    Igrexa de San Xurxo

    Templo de estilo barroco compostelán do s. XVIII obra de Domingo de Andrade.

  • Igrexa de Santa María do Campo

    Igrexa de Santa María do Campo

    Antiga colexiata construída polo gremio dos mareantes de orixe románica (s. XII) e rematada no s. XV. Especial relevancia do rosetón e tímpano da porta principal no que se desenvolve a escena da Adoración dos Reis Magos.

  • Igrexa de Santiago

    Igrexa de Santiago

    Románica do s. XII con reformas do s. XIV e XV. Son interesantes a portada principal e a colección de canzorros de figuras grotescas.

  • Pazo Municipal (casa do concello)

    Pazo Municipal (casa do concello)

    Amplo e elegante edificio modernista de comezos do s. XX. Fachada historiada. Rematado en tres torres cupuladas.

  • Portas do Mar

    Portas do Mar

    Abertas en distintos puntos das vellas murallas do s. XV. Porta de San Miguel do s. XVI e do Cravo e da Cruz, ambas do s. XVIII.
     

  • Torre de Hércules

    Torre de Hércules

    Construída no s. II, durante o goberno do emperador Trajano. É o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo. Restaurado no exterior no último terzo do s. XVIII. Símbolo da cidade.

  • Xardíns de San Carlos

    Xardíns de San Carlos

    Construídos en 1843 sobre o antigo bastión ou fortaleza de San Carlos. Xardíns románticos que albergan a tumba do xeneral británico Moore.

Non deixes de ver...

Destacado

Unha das experiencias máis inesquecibles que o visitante pode levar da Coruña, e de Galicia, é a contemplación dun solpor dende a Torre de Hércules.

  • Torre de Hércules

O sol vai desaparecendo no Finisterrae Atlántico, cunha paisaxe de soño, diante do único faro romano do mundo aínda en funcionamento, ao que acompaña un parque escultórico con figuras que representan as orixes lendarias da torre e da cidade: Ártabros, de Arturo Andrade; Breogán, de Xosé Cid; Caronte, de Ramón Conde; Hércules e Xerión, de Tim Behrens e José Espora; e, o bosque de menhires de Manolo Paz.

A Torre é obra de comezos do s. II do arquitecto de Coimbra Caio Sevio Lupo. Presenta o aspecto exterior que en 1791 lle outorgou a reforma dos enxeñeiros E. Giannini (autor dos planos) e J. Elejalde.

 

Torre de Hércules

PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Torre de Hércules

Patrimonio da Humanidade, é o faro en funcionamento máis antigo do mundo...

A Coruña - As Mariñas

XEODESTINO

A Coruña - As Mariñas

Xeodestino que comprende A Coruña e outros 17 concellos dos arredores...

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba