Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Rutas turísticas > Ruta da Costa da Morte > Engadir á "Miña viaxe"

Que ver na Costa da Morte...

Ver máis

Ruta da Costa da Morte...

Percorrido

Propomos unha ruta de dificultade baixa. Coa axuda dun vehículo, realizamos percorridos curtos a pé aptos para todos os públicos e ideais para realizar en familia. A duración aproximada é de tres días. A distribución de tempos debe ser tomada a modo de exemplo, xa que cada persoa pode variala en función das súas preferencias.

Percorrido - Día 1º

No primeiro día da nosa viaxe partimos de Buño, poboación de recoñecida tradición oleira.

Ampliar
  • Villa e porto de Malpica

    Villa e porto de Malpica

    As estreitas rúas de Malpica de Bergantiños aséntanse sobre unha pequena península que penetra medio quilómetro no océano. As gaivotas, os olores, a brisa, o salitre...

  • Praia de Seaia - Malpica

    Praia de Seaia - Malpica

    Praia da Costa da Morte, en forma de enseada, con formacións dunares ao fondo. Posúe unha area branca moi fina, unha ondada moderada, cun ámbito sen urbanizar...

  • Torres de Mens - Malpica

    Torres de Mens - Malpica

    Conxunto edificatorio do século XV, composto pola vivenda e tres torres de planta cadrada. O volume principal presenta planta en forma de "L", rematada cun torreón xirado respecto ao eixe do edificio...

  • Porto de Corme - Ponteceso

    Porto de Corme - Ponteceso

    A vila mariñeira de Corme ofrece ao visitante o especial encanto de séculos de historia vividos en íntima relación co mar...

  • Cruces dos Percebeiros - Punta Roncudo

    Cruces dos Percebeiros - Punta Roncudo

    Estas cruces do cabo Roncudo adquiren unha gran relevancia e simbolismo no pobo de Corme que como parte da Costa da Morte ten un gran respecto ao mar, e demóstrao con estes símbolos...

  • Praia de Balarés - Ponteceso

    Praia de Balarés - Ponteceso

    Praia da Costa da Morte, encravada na ría de Laxar, nun extremo do Monte Branco. O ámbito rural dispón de magníficas vistas panorámicas, sobre todo no percorrido dende Ponteceso, de grande beleza...

  • Torres do Allo - Zas

    Torres do Allo - Zas

    Acceso por unha avenida de plataneiros e carballos a unha praza na que está o portalón de entrada ao recinto amurallado...

  • Igrexa de Santa María de Atalaia - Laxe

    Igrexa de Santa María de Atalaia - Laxe

    Igrexa de tipoloxía rural, construída entre finais do século XIV e principios do século XV. O seu estilo é predominantemente gótico tardío, cunha base estrutural románica...

Non deixes de ver...

Os visitantes non deberían perder a oportunidade de adquirir unha peza da súa cerámica. Os establecementos de venda adoitan ser, ao mesmo tempo, obradoiros, de forma que poderemos presenciar en vivo o traballo co que os oleiros de Buño crean as súas pezas.

Deixamos Buño e saímos en dirección a Malpica. O traxecto, preto de 9,5 km, levaranos poucos minutos. Ao chegar a Malpica, dirixímonos ao porto, un bo lugar para respirar o ambiente mariñeiro e observar a curiosa morfoloxía do núcleo de poboación. As casas están penduradas das rochas, con vistas para o porto e as augas do Atlántico. Despois dun agradable paseo polas rúas estreitiñas da parte vella, dirixirémonos cara á parte alta. Desde alí gozaremos dunhas boas vistas.

Abandonamos Malpica e seguimos o noso camiño para nos achegar ao cabo San Adrián, situado a escasos 4 km. Nas súas inmediacións atópase o santuario de San Adrián do Mar. Cada mes de xuño, este enclave é escenario dunha romaría celebrada con gran devoción. A ela acoden incontables romeiros para solicitar ou, no seu caso, agradecer os favores do santo. O santuario constitúe un privilexiado miradoiro natural sobre Malpica e as Illas Sisargas, situadas xusto diante.

Desde alí baixamos de novo a Malpica e dirixímonos cara a Ponteceso, localidade situada a 13,2 km Transitaremos por unha estrada local que percorre as localidades de Beo, Mens, Cores e Nemeño. En Mens debemos deternos para ver o antigo castelo do mesmo nome. As Torres de Mens, que así se lle chama á fortaleza, foron construídas no século XIV e restauradas conservando gran parte da súa estrutura orixinal. O castelo está visible desde a estrada e non se permiten visitas do público, ao se tratar dunha propiedade privada. Pódese visitar a igrexa románica de Santiago, do século XII, próxima á torre. Mellor confirmar hora e dispoñibilidade chamando ao 981 714 588.
Minutos máis tarde chegamos a Ponteceso, berce do grande escritor galego Eduardo Pondal, un dos personaxes chave do Rexurdimento (renacemento da cultura e das letras galegas durante o século XIX). Ao pasear polas súas rúas e parques, atoparemos varias mostras da gratitude de Ponteceso cara ao seu fillo máis ilustre. Fóra xa da zona urbana, podemos subir ao Monte Branco, o accidente xeográfico máis emblemático desta comarca. Se tomamos a estrada que se dirixe á praia de Balarés, moi fermosa e situada a poucos quilómetros, divisamos na liña do ceo as poboacións de Laxe, O Porto de Corme, Cabana e o mesmo Ponteceso. Desde a cima poderemos gozar dunha espectacular perspectiva sobre o estuario formado polo río Anllóns no seu encontro co mar. É este un contorno natural que dá vida a numerosas especies, tanto vexetais como animais.

Continuando pola estrada AC-424, sen tomar o desvío cara á praia de Balarés, dirixímonos ao Porto de Corme, outra das típicas vilas mariñeiras destas terras. A pouca distancia, internándose nas perigosas augas do Océano Atlántico, atópase a Punta do Roncudo. Os percebes que nacen sobre as súas rochas son considerados os mellores de toda a costa galega. Mais, ademais do seu excepcional froito, os cantís do Roncudo son tamén coñecidos polo seu perigo. Moitos percebeiros atoparon a morte neste agreste cabo. En memoria destas persoas, fóronse plantando co paso dos anos numerosas cruces sobre as rochas.

O Porto de Corme atópase situado a uns 8 km de Ponteceso. Antes de chegar, na cima do monte, podemos ver un monumento á Virxe do Faro. Desde este punto, teremos unha vista inmellorable para toda a liña de costa. Moi preto da capela atópase un gran monumento a modo de faro.

Desde Corme volvemos a Ponteceso pola mesma estrada. Desde Ponteceso, percorremos 8,4 km ata a localidade de Borneiro. No seu contorno, atópanse o castro da Cibdá e o famoso dolmen de Dombate, dous conxuntos arqueolóxicos que figuran entre os más valiosos de Galicia. Este último está situado a poucos metros da estrada, tomando un desvío á dereita. Recentemente o dolmen foi protexido cun atractivo edificio de madeira e cristal que axuda a unha mellor visualización do monumento, así como un centro de interpretación para unha mellor comprensión do megalitismo na Costa da Morte.
Desde Borneiro, unha ruta de ida e volta achéganos ás Torres do Allo, a poucos quilómetros de Baio, na aldea do Allo. Un pazo do S. XVI, un centro de interpretación e unha oportunidade magnífica de coñecer máis datos sobre A Costa da Morte, por unha banda, e da vida pacega na Galicia rural. Sen esquecer a igrexa de San Pedro, un curioso cemiterio e tres hórreos magníficos coa tipoloxía construtiva da zona.
Volvemos sobre os nosos pasos ata a localidade de Cabana, desde onde nos diriximos a Laxe. Esta vila mariñeira ofrece unha fermosa praia de augas tranquilas, perfecta para o baño dos máis pequenos. O longo areal de case un quilómetro e medio chega ate o mesmo centro da vila. Respecto  ao seu patrimonio cultural, conta cunha igrexa románica e cunha capela, en honor a Santa Rosa de Lima, situada no cumio dun monte. Nas inmediacións de Laxe hai que achegarse á fermosa praia salvaxe de Soesto. De Ponteceso a Laxe hai 11,5 km pola AC- 431.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba