Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Rutas turísticas > Ruta da Baixa Limia > Engadir á "Miña viaxe"

Que ver na Baixa Limia...

Ver máis

Ruta da Baixa Limia

Percorrido

Propoñemos unha ruta de dificultade baixa, co apoio dun vehículo, realizando pequenos percorridos a pé, apta para todos os públicos e ideal para realizar en familia. A duración estimada é de tres días. A distribución de tempos debe ser tomada a modo de exemplo, xa que cada un pode variala en función das súas preferencias.

Accesos á zona (por Bande)...

  • Desvío en Xinzo de Limia na A-52, para enlazar coa OU-540, Ourense-Portugal, en Bande.
  • Desde Ourense pola OU-540 en dirección a Celanova e Bande, onde iniciamos a ruta turística pola zona da Baixa Limia. A finais do ano 2012 vai ser inaugurada unha nova autovía que parte desde a A-52 nas proximidades de Ourense e remata despois de deixar Celanova.
  • Desde Portugal accedemos a través das fronteiras de Portela do Home ou pola da Madalena.

Percorrido - Día 1º

O primeiro día da nosa proposta comeza na localidade de Bande, cabeceira dun pequeno municipio no que se celebra todos os anos a "Festa do Peixe", un sinal inequívoco da riqueza dos ríos do contorno.

Ampliar
  • Aquis Querquennis

    Aquis Querquennis

    Emprazada a 7,5 Km. da vila de Bande, está considerada como un dos principais xacementos arqueolóxicos da comarca. Cronoloxicamente sitúase entre os séculos I y II dC...

  • Rota de Queguas - Entrimo

    Rota de Queguas - Entrimo

    Pártese por unha pista desde a aldea de Queguas, pertencente á parroquia e arciprestado de S. Tomé de Venceáns. É esta unha ruta circular que bordea altas cotas de montaña polas Serras do Laboreiro e Queguas...

  • Santa Comba de Bande

    Santa Comba de Bande

    Datada no s.VII, é a única construción que se conserva dun antigo mosteiro, sendo declarada Monumento Histórico Artístico en 1923. De reducidas dimensións, o exterior caracterízase polo sabio xogo de volumes...

  • Santa María A Real - Entrimo

    Santa María A Real - Entrimo

    No concello de Entrimo, Santa María A Real é unha verdadeira xoia arquitectónica do barroco en Galicia. de corte Churrigueresco, supón un dos poucos exemplos deste estilo na comunidade galega...

Non deixes de ver...

Neste lugar, coñecido tamén polas súas celebracións no Entroido, coa máscara do "troteiro" como personaxe principal, podemos visitar a monumental igrexa de San Pedro e a casa reitoral.

A continuación a ruta parte pola OU-540 en dirección a Lobios para, a escasos quilómetros, atopar o xacemento romano Aquis Querquennis e o seu centro de interpretación. Nas proximidades, na aldea de Baños, preparáronse unhas piscinas termais á beira do encoro das Conchas para gozo dos veciños e dos visitantes.
Retomando de novo o camiño pola OU-540, a 10 km de Bande, atopamos un desvío á dereita que nos conduce á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. A ruta achéganos primeiro á igrexa parroquial e, a poucos metros, atopamos os muros que albergan este importante monumento da Baixa Limia.
Continuando pola OU-540 en dirección á Feira Vella, no lugar de Asperelo, aparece no camiño un singular forno co teito de pedra, exemplar único na zona. Despois, desviámonos cara á Terrachá, capital do concello de Entrimo, para visitar a igrexa de Santa María A Real.

Tras a visita, desde o centro da Terrachá, seguimos a ruta cara á aldea de Queguas. Á dereita atopámonos coa Área Recreativa do Pedreiriño, con fermosas vistas sobre o val. Á súa esquerda, levántase unha estatua a San Rosendo, nobre galego fundador do mosteiro de Celanova. Se continuamos o itinerario encontraremos, á esquerda da estrada, unha pequena capela na honra ao Santo Cristo.

Xa en Queguas podemos visitar a pé a ermida da Ascensión, as pallozas coñecidas como Cortes da Carballeira e o dolmen da Casa da Moura. No mesmo centro desta localidade enlazamos coa ruta de sendeirismo que parte da Terrachá. Seguimos unha ruta a pé, ao redor de catro quilómetros, e unha duración aproximada de dúas horas. É interesante a primeira parte do camiño, que nos levará a metade do tempo, e que nos permite visitar a ermida.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba