Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Rutas turísticas > Ruta do Ribeiro > Engadir á "Miña viaxe"

Que ver no Ribeiro...

Ver máis

Ruta do Ribeiro...

Percorrido

Propomos unha ruta de dificultade baixa, coa axuda dun vehículo, realizando percorridos curtos a pé, apta para todos os públicos e ideal para realizar en familia. A duración estimada é de tres días. A distribución de tempos deberá tomarse a modo de exemplo, xa que cada persoa poderá variala en función das súas preferencias.

Percorrido - Día 1º

A primeira xornada da nosa ruta dedicarémola a coñecer os numerosos atractivos turísticos de Ribadavia. Esta localidade, capital do Ribeiro, ocupa a confluencia dos ríos Avia e Miño, no camiño entre Ourense e Vigo. A paisaxe que a rodea é de vales fluviais, viñedos e suaves outeiros.

Ampliar
  • Praza Maior - Ribadavia

    Praza Maior - Ribadavia

    Ribadavia, a floravia de Otero Pedrayo, insigne pai das Letras Galegas, está emprazada nun fermosísimo lugar, entalada entre pequenos outeiros cruzados por fías de viñedos, na ribeira dereita do río Avia...

  • Castelo dos Condes - Ribadavia

    Castelo dos Condes - Ribadavia

    As ruinas do antigo castelo son un símbolo para a vila. As súas orixes remóntanse ao século IX, aínda que a súa construción definitiva foi finalizada na segunda metade do século XV, ao instituírse o Condado de Ribadavia...

  • Igrexa de Santiago - Ribadavia

    Igrexa de Santiago - Ribadavia

    Ordenouse construír a Igrexa de Santiago a finais do século XII, para acoller a parroquia máis antiga de Ribadavia. Os seus puntos máis interesantes son a fachada, cun rosetón de vintecatro ocos, os arcos e a torre barroca...

  • Festa da Istoria - Ribadavia

    Festa da Istoria - Ribadavia

    O núcleo histórico de Ribadavia, presidido polas ruínas do castelo dos Sarmiento -célebre polo tipismo do seu barrio xudeu, con sólidas casas e soportais-, o último sábado de agosto é o escenario para unha festa singular...

Non deixes de ver...
Foi capital do Reino de Galicia co rei Don García I no século XI. No XII comeza o seu período de expansión comercial e demográfica, aproveitando o pulo dos mosteiros de San Clodio e Melón. En 1164 recibe o Foro Real e en 1375 convértese en sede do Adiantado Maior do Reino de Galicia. No ano 1476 pasa a ser Vila Condal. A súa vida económica, moi próspera entre os séculos XV e XVII, estivo sempre ligada ao viño. Os seus caldos son recoñecidos en Europa desde a antigüidade e foron exportados ao Novo Mundo tras o Descubrimento.

Tantos séculos de vida deixaron en Ribadavia un legado artístico e cultural de gran riqueza. En 1947, o seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico. Segundo o texto orixinal, esta denominación comprende "a vila de Ribadavia, na parte comprendida entre o castelo e o río Avia, e a parte posterior das casas levantadas na marxe esquerda da estrada de Vilacastín a Vigo, así como a rúa e praza ou atrio coa igrexa da Oliveira e o convento de San Domingos con todas as dependencias, arredores e escalinatas que desde a estrada lle dan acceso".

O inicio perfecto para o noso percorrido é a Oficina Municipal de Turismo. Está situada na Praza Maior, no antigo Pazo Condal, unha edificación barroca do século XVII. Seranos de grande utilidade facérmonos cun pequeno plano da vila no que veñan marcados os puntos de interese. Desde alí desprazarémonos a pé, sen dificultade, entre os seus numerosos monumentos.

A lista é extensa. Entre as construcións civís destacan o castelo dos Condes de Ribadavia, o Barrio Xudeu e as murallas. O repertorio relixioso consta da xa mencionada igrexa e convento de San Domingos, a igrexa de Santiago, a igrexa de Santa María de Oliveira, a igrexa de San Xoán e a capela de Nosa Señora do Portal.

Á marxe da arquitectura, Ribadavia conta con outros moitos atractivos culturais. O Museo Etnolóxico, albergado no Pazo de Baamonde, do século XVIII, posúe unha excelente colección e un dos mellores fondos bibliográficos en temas históricos de Galicia. Mostra, ademais, exposicións temporais.

A Festa da Istoria é unha celebración cuxa orixe se remonta ao século XVII. Perdeuse no 1868 e foi recuperada para o gozo de veciños e visitantes en 1989. Durante un día, o último sábado de agosto ou o primeiro de setembro, Ribadavia retoma o modo de vida da Idade Media. Desaparecen as roupas do século XXI e volven os traxes e costumes da época. Hai bailes e música medieval, mercado, postos de artesanía, vodas xudías, etc. E mesmo se adopta o marabedí como moeda oficial.

Outros acontecementos que cómpre ter en conta son a Mostra Internacional do Teatro e a Feira do Viño do Ribeiro.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba