A Axencia Turismo de Galicia é a entidade responsable dos ficheiros que puideran derivarse da recollida dos datos de carácter persoal subministrados polos usuarios dos seus servizos.

En todo caso, os datos solicitados serán os estritamente necesarios para a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos ao usuario, a difusión e información relativa ás actividades da entidade e o seguimento de consultas formuladas polos usuarios.

De acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Axencia Turismo de Galicia comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos coa debida confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Os niveles de seguridade adoptados por a Axencia Turismo de Galicia serán os axeitados aos datos que nos facilite, de acordo co previsto no artigo 9 da Lei Orgánica 15/1999 e o Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de Decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da Lei 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 do mesmo corpo legal.

Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos, remitindo a súa solicitude á Axencia de Turismo de Galicia na seguinte dirección: Estrada  SANTIAGO - NOIA KM3, S/N., Código Postal 15897, Santiago de Compostela, A Coruña. Ou ben mediante correo electrónico á seguinte dirección secretaria.turismo@xunta.gal, achegando en ambos os dous casos copia do seu DNI.
 

Arriba