Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Cidade de Lugo
    Cidade de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > Muralla Romana de Lugo > As portas > Engadir á "Miña viaxe"

Muralla Romana de Lugo

Porta da Estación

  • Porta da Estación

A chamada Porta da Estación abriuse en 1875 a petición dalgúns veciños como consecuencia da necesidade de comunicar a cidade coas vías do ferrocarril. Un ano despois ampliouse (derrubáronse os cubos entre os que se abrira), e en 1921 ampliaríase aínda máis, nunha obra que supuxo a derruba da primeira porta e a construción da actual. A escaseza de elementos ornamentais responde á precaria situación económica, debido ás deficiencias orzamentarias provocadas pola primeira Guerra Mundial.

Porta proxectada por Nemesio Cobreros en 1875 e derrubada en 1921.

As dúas habitacións incrustadas nos seus muros serviron para a recadación do imposto de consumos, un dos máis gravosos e inxustos coas clases menos favorecidas, ao gravar produtos de primeira necesidade, durante o século XIX e parte do século XX. A súa anchura é de 10 metros, a súa altura ata a clave de 8 metros, e ata o adarve de 9 metros.

Atravesando a porta, atoparemos á dereita unhas escaleiras que nos permiten subir á Muralla.


Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba