Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Cidade de Lugo
    Cidade de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
  • Muralla Romana de Lugo
    Muralla Romana de Lugo
    Mostrar no mapa
    Mostrar no mapa
Inicio > Visita estes... destinos > Destacados > Muralla Romana de Lugo > As portas > Engadir á "Miña viaxe"

Muralla Romana de Lugo

Porta Nova

  • Porta Nova

Existente en época romana, era a saída da cidade cara a Brigantium (Betanzos). Ata a construción en 1854 da Porta de San Fernando foi a principal vía de comunicación da parte norte da cidade. Na época medieval refíxose e é mencionada na documentación do século XII coma Porta Nova. O corpo de garda que albergaba a porta medieval era semellante ao da Porta Miñá é, o mesmo ca este, foi utilizado como capela, dedicada a Santa Mariña e á Virxe dos Remedios. Esta capela foi eliminada no ano 1785 a petición do párroco da Igrexa de San Pedro, debido á continua profanación dos recintos.

A porta actual data do ano 1900, dado que a anterior estaba en estado ruinoso e ameazaba a seguridade dos viandantes. Para a construción desta porta nova houbo de derrubarse un cubo da Muralla.

Situada nunha ladeira, mide 4,60 metros de ancho, a altura ata a clave é de 8 metros e o alto ata o adarve mide 8,95 metros. Neste punto desde o adarve da Muralla contémplase unha típica estampa da cidade coas torres da Catedral ao fondo. Atravesando a porta, á dereita atoparemos unhas escaleiras que nos permiten subir á Muralla.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba