Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Goza destas... experiencias > Faros e praias salvaxes > Itinerarios > Engadir á "Miña viaxe"

Propoñémosche estes plans...

ver máis...
Ferrolterra

XEODESTINO

Ferrolterra

Xeodestino que agrupa municipios coma Ares, Mugardos, Cedeira, Ortigueira...

Ría de Ferrol

RÍAS E PRAIAS

Ría de Ferrol

Ligada á historia naval, a Ría foi sempre unha espada no alto cuxa empuñadura…

Faros e praias salvaxes

Praias de Azucre

Desde a ría de Ferrol ata a de Cedeira, son moitas as praias de fina e branca area, e de varios quilómetros de lonxitude, que se alternan con calas con encanto e faros en cantís recortados.

Esta é unha zona ideal para agradables paseos en calquera época do ano e para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o windsurf.

Interésache!

  • Inicio: Ferrol
  • Fin: Cedeira
  • Xornadas: 2
  • Km (aprox): 100 Km
“Cando chove e máis vai sol,
vai o demo por Ferrol
cargadiño de culleres
chamando polas mulleres”.

“Marraxo, peixe sapo, bonito e percebes son as especies máis comúns para elaborar os pratos máis demandados da gastronomía local desta zona”

Percorrido - Día 1º

Partimos de Ferrol. Comezaremos a nosa ruta polo barrio mariñeiro da Graña, coas súas típicas casas estreitas e rúas empedradas que nos levarán ata o interior do Castelo de San Felipe. Esta fortaleza é un fiel reflexo do estilo dos modelos académicos da súa época, a Ilustración.

Ampliar
Contemplando desde aquí as magníficas vistas sobre a ría e o Castelo da Palma, situado no municipio de Mugardos, será imposible non recordar a importancia histórica e cultural do conxunto formado polas fortalezas defensivas da ría de Ferrol e do Arsenal Militar, que facían desta entrada un fortín inexpugnable desde o mar, sobre todo para as incursións inglesas.
Continuamos o noso camiño en dirección a Cariño para acceder a Doniños, a primeira praia salvaxe da nosa ruta, ao lado da lagoa do mesmo nome. Esta última, ademais de contar cunha lenda que asegura que aquí está afundida a antiga cidade de Valverde por castigo divino, figura na historia da Batalla de Brión, pois foi por onde os ingleses desembarcaron e se retiraron derrotados polas tropas e veciños de San Felipe e A Graña. Este enfrontamento conmemórase o 25 de agosto cunha representación e, ademais, argumenta as visitas teatralizadas cada vez máis frecuentes no Castelo de San Felipe.
No areal, atoparedes restos dunha batería de costa e, desde o seu extremo esquerdo, accederedes á pequena praia de Lumebó. Se a visita vos coincide en marea baixa e no remate do día, a fortuna regalaravos unha impresionante posta de sol entre esculturas de pedra naturais. No outro extremo da praia, por unha pasarela de madeira, podedes continuar o paseo e, en caso de levar bicicleta, poderedes seguir polo carril habilitado case todo o traxecto cara a Covas.
A nosa seguinte parada é a praia de San Xurxo, situada no extremo sur de cabo Prior. Con forma de cuncha, area moi branca e ventosa por influencia do nordés, é unha das preferidas polos veciños durante o verán. Quizais tamén porque os seus máis de dous quilómetros a converten nun lugar ideal para longos paseos polas dunas ou pola beira do mar en marea baixa, sentindo as ondas romper contra os pés. Desde punta Herbosa, á que se chega por un sendeiro próximo, teredes unha panorámica do arco completo que forman os areais de San Xurxo, Esmelle e O Vilar, coñecidos popularmente como as praias de Covas. Un encadre perfecto de augas cor turquesa entre altos piñeiros.
En cabo Prior, atoparedes tamén o faro do mesmo nome, activo desde 1853. Neste lugar existía un destacamento militar do que xa só quedan as infraestruturas, cunha curiosa forma vista desde a distancia. Na parte traseira do faro, hai unha escaleira que permite baixar un treito deste istmo de 171 metros e ver ao norte a praia e a illa de Santa Comba, coa súa ermida románica. Podedes achegarvos tamén ata a cala das Fontes, onde o mar vos deixará pozas de auga verde esmeralda: un lugar perfecto para mollar os pés e tombarvos ao sol.
Pasamos agora as dúas pequenas praias de Sartaña e Medote para chegar a Ponzos, a máis salvaxe das tres. No seu extremo dereito hai unha zona nudista e, con baixamar, poderedes atravesar as rochas para chegar ao solitario areal de Casal, xa no veciño municipio de Narón. Camiñar descalzos pola area, mentres o vento vos enreda os cabelos, é unha experiencia que non vos debedes perder en calquera destes bravos areais.
Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba