Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Mariña Lucense > Engadir á "Miña viaxe"

Mariña lucense no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

Conxunto Histórico de Sargadelos

Conxunto Histórico de Sargadelos

De entre o patrimonio artístico da Mariña Lucense destacan o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que abrangue os restos da antiga fundición e da fábrica de louza...

ver máis

Mariña Lucense

Presentación...

O xeodestino Mariña Lucense abrangue os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Mar e montañas, ríos e rías, prados e praias.

Na Mariña Lucense os bosques confúndense co mar. É a Galicia Verde que se asoma ao Cantábrico. Preto de 100 km de costa zarrapicada de marabillas naturais. Da paisaxe recolecta da ría do Barqueiro á grandiosidade da praia das Catedrais, un monumento natural escavado polo mar cunha dimensión sobrenatural. Do esteiro do río Sor, paraíso de peixes e aves acuáticas, ao esteiro do Eo, Reserva da Biosfera. Pero ademais, Foz, Viveiro e Ribadeo, portos que conservan a pegada dun pasado señorial. En Cervo, Sargadelos, unha das cerámicas máis emblemática de Galicia.

E no interior da Mariña Lucense, dous tesouros ocultos. Un é a Serra do Xistral, aveseda e misteriosa, terra de turbeiras e cabalos salvaxes. O outro é Mondoñedo, no Camiño de Santiago (o do Norte), antiga sé episcopal cunha fermosa catedral do século XIII.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba