Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Rías Baixas > Ría de Arousa > Engadir á "Miña viaxe"

Ría de Arousa no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

Cambados, capital do Albariño

Cambados, capital do Albariño

Cambados é coñecida como a capital do Albariño. O seu núcleo urbano, de gran riqueza patrimonial, é o resultado da unión contemporánea de tres antigas vilas históricas...

ver máis

Ría de Arousa

Presentación...

Os concellos que integran o xeodestino son: A Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Cambados, Catoira, Dodro, Meaño, Meis, O Grove, Pontecesures, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

A maior das Rías Baixas é una sabia mestura de natureza, arte, tradición mariñeira e hoxe en día, do mellor lecer. Aquí prodúcense algúns dos mellores brancos de España, dentro da D.O. Rías Baixas.

A ría de Arousa conserva todo o encanto dunha beleza natural. Así testemuñan as súas excelentes praias e illas como Sálvora, Cortegada, Arousa ou A Toxa cos seus balnearios, os seus piñeirais e os seus elegantes hoteis

Ou a animación de Rianxo, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal... O señorío de Cambados, capital do albariño, coa impresionante praza e o Pazo de Fefiñáns. Ou Catoira, escenario de antigas invasións bárbaras e hoxe dun festivo e divertido "Desembarco Viquingo". E na visita a Vilagarcía de Arousa, nada como gozar do turismo mariñeiro achegándose ao veciño porto de Carril para coñecer os mellores criadeiros de marisco de Galicia. Imprescindible probar alí mesmo a súas famosas ameixas.
 

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba