Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Rías Baixas > Ría e Terras de Pontevedra > Engadir á "Miña viaxe"

Ría e Terras de Pontevedra no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

O pobo de Combarro

O pobo de Combarro

O pobo de Combarro, de profundas raíces pescadoras, é un enclave de gran orixinalidade pola perfecta adaptación ao medio natural no que se sitúa e a forma tradicional...

ver máis

Ría e Terras de Pontevedra

Presentación...

Os concellos que integran o xeodestino son: A Lama, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, Cuntis, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa.

As terras da ría de Pontevedra están marcadas pola súa tradición mariñeira. Aquí ata os nomes soan a mar: Ons, Aldán, Bueu, Marín... E por suposto, Combarro, cos seus hórreos de pedra no bordo da auga. Na outra beira, ao final da ría, a Costa da Vela, cos seus cantís e, dominando o ceo e a terra, o Monte do Facho, antigo castro e santuario romano.

Pontevedra é a capital das Rías Baixas. Unha cidade señorial que reborda vida, co centro histórico máis importante de Galicia, despois do de Santiago. e atractivos como a praza da Ferrería, a Basílica de Santa María ou o Museo de Pontevedra, cunha magnífica colección de xoias celtas. Nos arredores, nada como unha relaxante visita ao mosteiro de Poio, de orixe medieval. E a 20 km de Pontevedra, unha das xoias ocultas de Galicia: o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Máis de 80 petróglifos na maior concentración de gravados rupestres de Europa, entre eles "A Laxe dos Carballos", unha fascinante escena de caza dun fermoso cervo.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba