Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > Terras de Santiago > Engadir á "Miña viaxe"

Terras de Santiago no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

Cidade da Cultura de Galicia

Cidade da Cultura de Galicia

Situada en Santiago de Compostela, emblema da tradición cultural europea e cuxa cidade histórica foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade...

ver máis

Terras de Santiago

Presentación...

O xeodestino Terras de Santiago abrangue os concellos de Ames, A Baña, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Touro, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Estas son terras cun gran patrimonio artístico e monumental. Como o mosteiro de Sobrado dos Monxes, unha obra mestra do Renacemento e do Barroco en Galicia. E en Santiago de Compostela, alén da Catedral e o Centro Histórico, a modernísima Cidade da Cultura, unha proposta arquitectónica tan espectacular que levanta paixóns, obra de Peter Eisenman.

Terras de Santiago deseña un mapa de camiños que conflúen no Camiño de Santiago. Unha ruta espiritual non exenta de praceres gastronómicos. En Arzúa o Camiño do Norte únese aos anteriores, talvez porque ninguén quere deixar de probar as delicias do queixo Arzúa-Ulloa. Na beira do Sar, Padrón, berce de escritores como Rosalía de Castro ou o premio Nobel C.J. Cela, agarda aos que chegan por mar co mellor da súa horta, os famosos pementos de Padrón (Pemento de Herbón). E de sobremesa, despois de honrar ao Apóstolo, Tarta de Santiago. Terras de Santiago, saborosos camiños.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba