Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia
Inicio > Visita estes... destinos > Xeodestinos > O Ribeiro > Engadir á "Miña viaxe"

O Ribeiro no mapa...

Necesita javascript para ver o mapa

Destacado...

Pazos de Arenteiro e a Festa do Polbo

Pazos de Arenteiro e a Festa do Polbo

A pintoresca aldea de Pazos de Arenteiro no corazón do Ribeiro constitúe unha magnífica mostra da arquitectura popular e pacega...

ver máis

O Ribeiro

Presentación...

Os concellos que integran este xeodestino son: A Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro e San Cristovo de Cea.

Situada no corazón da provincia de Ourense, O Ribeiro é terra de fértiles vales sucada por numerosos ríos como o Miño, o Arnoia ou o Avia. O Ribeiro é sinónimo de viño, e xa na Idade Media os monxes del mosteiro de San Clodio de Leiro facíano chegar á mesas señoriais de España e Portugal. De feito a D.O. Ribeiro é a máis antiga de Galicia e unha das primeiras recoñecidas en España.

E para os amantes da arte, todo un mundo por descubrir. Como a Ruta do Románico; o Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las, un dos castros máis grandes e espectaculares de toda Galicia; ou o mosteiro cisterciense de Oseira, considerado “o Escorial galego” pola súa magnificencia.

Ademais O Ribeiro é terra de balnearios e augas termais. Arnoia, Laias, Cortegada, Berán ou Prexigueiro son perfectos para unha relaxante escapada. E non hai que esquecer Ribadavia, famosa pola súa xudería, unha das máis importantes de España, e as súas grandes festas. No veciño O Carballiño celébrase ademais a "Festa do Polbo", na que se homenaxea un dos manxares de Galicia.

Compárteme en...

A Miña viaxe

A miña viaxe

Preparando a viaxe...

Almacena toda a información necesaria para organizar a túa viaxe: museos, monumentos, lugares de interese, aloxamentos, restaurantes...

Unha vez o teñas feito, poderás ver o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar as túas localizacións en GPS

Durante a viaxe...

Xa estás disfrutando de Galicia, aquí poderás consultar o plano da túa ruta, gardar información en PDF ou exportar a túas localizacións en GPS

Si dispós dun móvil con GPS poderás ver a túa situación no mapa.

Despois da viaxe

Agora que xa estás de volta, poderás anotar o que che pareceu o que visitaches, e tamén marcar o que non pudiedeches ver, para non olvidarte na próxima!

Entrar
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba