12 mai 2017
  • Paxaros e aves

O "Global Big Day", O Gran Día Global

Un día completo adicado especificamente á observación de aves en todo o planeta.

O Global Big Day consiste en tratar de observar o máximo número de especies en 24 horas. Este ano celébrase a terceira edición que terá lugar o próximo día 13 de maio. Xa son centos os equipos apuntados para este evento en todo o planeta. Está promovido polo Cornell Lab of Ornithology da Universidade norteamericana de Cornell.

Observando aves

Na edición do ano 2016 rexistráronse máis de 6.300 especies de aves gracias ás aportacións de máis de 17.000 observadores. Aquí podes atopar toda a información necesaria para participar. 

Rula brava / Streptopelia turtur

Hai que sinalar que xustamente en maio as condicións para observar aves en Galicia son excelentes.

Escribenta riscada / Emberiza cia

Todas as especies estivais están xa con nós e moitas outras aínda están a migrar cara ao norte, polo tanto as cifras que podemos acadar neste día poden ser algunhas das máis altas do ano.

Picafollas ibérico / Phylloscopus ibericus

Na nosa web tes toda a información necesaria para planificar a túa saída ao campo. Boa sorte! 
 

O "Global Big Day", O Gran Día Global
Arriba