A contorna natural de Lugo é un privilexio, xa que ofrece unha notable biodiversidade ás portas da cidade ou mesmo no seu interior. Desde o gran río Miño podemos camiñar por bosques case ata a mesma muralla e admirar o seu gran valor natural.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
A contorna natural de Lugo é un privilexio, xa que ofrece unha notable biodiversidade ás portas da cidade ou mesmo no seu interior. Desde o gran río Miño podemos camiñar por bosques case ata a mesma muralla e admirar o seu gran valor natural.
A cidade atópase estratexicamente situada nun punto elevado desde o que se domina o Miño. O gran desnivel existente entre a idade e a beira do río permitiu que algunhas ladeiras estean cubertas dun bosque de sorprendente calidade aínda hoxe en día. O río Miño conserva igualmente un bosque de ribeira e unha contorna privilexiada, que se pode gozar comodamente polos carreiros que o percorren. Por último, o monumento máis característico da cidade, a bimilenaria muralla, é, aos ollos das aves, un gran cantil rochoso cheo de pequenas fendas; un punto de atracción para moitas delas, que a empregan como lugar de nidificación.
Todo o ano, especialmente na primavera
3 Km
1 hora
Ningunha
Lugo
Muralla de Lugo e Parque Rosalía de Castro
Puntos clave da ruta:
Todo o ano, especialmente na primavera
4,6 km, só ida
1,5 horas a pé, media hora en bicicleta (só ida)
Ningunha
Lugo
Ponte Vella - Estación de captación de auga
Puntos clave da ruta:
Todo o ano, especialmente na primavera e no mes de setembro
4,3 km, só ida
1,5 horas a pé, media hora en bicicleta (só ida)
Ningunha
Lugo
Parque Marcos Cela - Río da Chanca
Puntos clave da ruta:
O itinerario transcorre por cómodos carreiros que percorren a contorna dun Miño convertido en parque periurbano. Habémonos fixar nas aves do río, como a garza real, o corvo mariño grande, a lavandeira amarela e o merlo rieiro. Na primavera e a primeiros do verán son frecuentes os millafres negros e mesmo se observan habitualmente aguias calzadas. Nos prados de ribeira do río da Chanca (1), máis pequeno, habemos reparar en aves de menos tamaño, como o tordo común ou a lavandeira branca.
No río podemos observar facilmente diversas especies características como o merlo rieiro, a lavandeira real, o mergullón pequeno, a galiñola de auga común, o bilurico das rochas e o corvo mariño grande. Nas ladeiras, en primavera son frecuentes os millafres negros e tamén se deixan ver con asiduidade aguias calzadas.
Estamos nunha zona urbana, polo que debemos ter coidado coa circulación de vehículos.
As aves urbanas son un excelente recurso educativo: obsérvanse con facilidade e están ao alcance de calquera.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.