Bono IacobusO Camiño de Fisterra-Muxía é a única ruta xacobea con orixe en Compostela.

Aínda que o Camiño conclúe como tal na cidade de Santiago, a peregrinación non remata en Compostela. Desde a máis remota antigüidade, todos os pobos e todos os viaxeiros que se achegaron a este recanto occidental de Europa sentiron desexos de proseguir a ruta do sol, de chegaren á fin da terra para contemplar a inmensidade do finito e ver o sol penetrando nas augas do mar. Algúns peregrinos decidiron xa nas súas orixes prolongar a súa peregrinación ata a Costa da Morte, o último reduto de terra coñecida daquela, convertendo en tramo final da súa viaxe un itinerario sinalado no ceo pola Vía Láctea.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Día 1

Santiago de Compostela / Ponte Maceira - Etapa 1 (17.3 km)

O camiñante parte da Praza do Obradoiro, ao pé da extraordinaria basílica compostelá. A ruta transcorre pola Carballeira de San Lourenzo e á beira do antigo mosteiro de San Lourenzo de Trasouto; segue por Augapesada, coa súa ponte medieval; Alto do Mar de Ovellas; A Ponte Maceira, coa súa grande ponte do século XIII e os seus muíños.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Santiago Ponte Maceira

Casa Perfeutu María
Ames / Etapa 1

Casa Perfeutu MaríaTrátase dunha construción de 1868 reformada en 2002. A tranquilidade é acompañada de suculentas ceas elaboradas artesanalmente, charlas nos numerosos recantos da casa ou paseos polo campo.

Día 2

Ponte Maceira  / Marco do Cornado - Etapa 2 (20 km)

Deixamos atrás Ponte Maceira para seguir a nosa ruta por Negreira (Pazo de Cotón e Igrexa de San Mauro) para chegar ata A Pena. Éntrase despóis en Piaxe, seguindo o camiño por Cornovo para pasar máis adiante o rego de Foxán e atravesar Vilaserío ata alcanzar o final do traxecto en Marco do Cornado.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Ponte Maceira Marco do Cornado

Casa Perfeuto María
Outes / Etapa 2

Casa Perfeuto María Trátase dunha construción de 1868 reformada en 2002. A tranquilidade é  acompañada de suculentas ceas elaboradas artesanalmente, charlas nos numerosos recantos da casa ou paseos polo campo.

Día 3

Marco do Cornado / Marco do Couto - Etapa 3 (25.3 Km)

Iníciase o traxecto en Marco do Cornado, continúa por Santa Mariña das Maroñas coa súa igrexa parroquial románica e os seus hórreos, Bon Xesús, Vilar de Castro; onde ascende o monte Aro, en cuxo cume hai un castro e unhas magníficas vistas. Chegados a Olveiroa, poderanse observar nas paredes de varias casas unhas pequenas peañas que serven de entrada ás colmeas que se achan no interior das vivendas. A etapa continúa por Hospital do Logoso que antano contou cun albergue de peregrinos hoxe desaparecido. Pouco despois se encontra unha bifurcación onde hai que tomar o desvío a Fisterra, para finalizar en Marco do Couto.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Marco do Cornado Marco do Couto

Casa de Santa Uxía
Dumbría / Etapa 3

Casa Santa Uxía Esta antiga casa de labranza construída a principios do século XX e recentemente restaurada, goza dunha privilexiada situación a beiras do encoro de Santa Uxía. Dende o próximo miradoiro do Ézaro poderá divisar unha espectacular paisaxe da costa galega.

Día 4

Marco do Couto / Cabo Fisterra - Etapa 4 (25.9 Km)

Abandonando Marco do Couto encontrámonos os santuarios de Nosa Señora das Neves e San Pedro Mártir, cada un coa sua fonte santa, los pueblos de Cee, Corcubión(Conxunto histórico – artístico) e Sardiñeiro para acabar en Fisterra.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Marco do Cornado Marco do Couto

Prado da Viña
Fisterra / Etapa 4

Prado da viña Este establecemento está situado nunha atalaia mirando cara a ría de Fisterra. As súas postas de sol, atardeceres marabillosos e o seu encanto, farán da súa estanza unha experiencia inesquecible.

Día 5

Fisterra / Lires – Etapa 5 (15.3 km)

A etapa iníciase pasando pola igrexa de Santa María das Areas e o seu cruceiro gótico, para atravesar despois a vila de FisterraVal de Duio, Suarriba, Castrexe, Padrís, Canosa e finalizar en Lires.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Santa Maria das Areas - Lires

Cabañas de Lires
Cee / Etapa 5

Cabanas de Lires Aloxamento en Cabañas de Lires. O seu contorno natural é admirado polos que se achegan a visitala. Un lugar que namora pola súa xente e paisaxes, pola súa gastronomía e cultura.
Aloxamento alternativo: Casa Jesús.

Día 6

Lires / Muxía - Etapa 6 (15.3 km)

Partindo de Lires, pásase por Vaosilveiro, Frixe, Guisamonde, Morquintián, Monte Facho, Praia de Lourido, a vila de Muxía e se finaliza no santuario de Nosa Señora da Barca e as súas pedras, a de Abalar e a dos Cadrís.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil Lires Muxía

Casa de Trillo
Muxía / Etapa 6

Casa de Trillo Situada en Santa Mariña, en pleno mundo rural, conserva o sabor da tradición. O lugar participa dunha paisaxe de gran riqueza.

Prezo

Co Bono Iacobus só terás que camiñar e sentir, porque o descanso xa o tes asegurado. A ruta consta de 119 quilómetros, para realizar en 6 etapas. Ao final de cada unha, o viaxeiro é recollido a pé de camiño e conducido en automóbil a un aloxamento rural no que pasará a noite tras unha merecida cea caseira elaborada con produtos da zona.

Pola mañá, tras un completo almorzo, achegarase ao camiñante de novo en coche ao inicio da súa seguinte etapa.

Servizos opcionais...

  • Pícnic para a etapa de cada día.
  • Traslado da equipaxe en taxi.

Prezo con cea e almorzo incluídos...

  • 1 Persoa (cuarto individual) 620 € (IVE incluído)
  • 2 Persoas (cuarto dobre) 960 € (IVE incluído)

O Bono Iacobus pode ser contratado durante todo o ano, exceptuando o mes de agosto e a Semana Santa, de forma individual, en parella ou en grupos. Para obter toda a información adicional que necesites sobre o Bono Iacobus podes chamar ao teléfono 902 190 160 /  981 568 521 (*) ou enviar un correo electrónico a info@galiciaincoming.com

(*) A comercialización realízase a través de axencias de viaxes legalmente autorizadas.

Como voltar

  • Traslado Muxía – Santiago de Compostela en autobús cunha frecuencia diaria e duración aproximada de dúas horas. Horario de saídas: De luns a venres: 6:45 e 14:30 – Sábados e festivos: 7:30 e 14:30 - Domingos: 7:30 e 18:45 h.
    • Compañía de autobuses: Hermanos Ferrín, S.L. (HEFESL) – Tel.: +34 981 873 643
    • Estación de autobuses de Santiago: C/ San Caetano, s/n – Tel: +34 981 542 416 - Web: www.tussa.org

A información sobre días operativos, horarios e duración dos traxectos é ORIENTATIVA e debe ser reconfirmada coa compañía prestataria do servizo.

Arriba