Bono IacobusO Camiño Francés é a ruta máis coñecida de entre as distintas vías históricas que chegan a Santiago de Compostela (Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Vía da Prata…). Foi recoñecido polo Consello de Europa, en 1987, como o I Itinerario Cultural Europeo e distinguido pola UNESCO, en 1993, como Patrimonio Cultural da Humanidade. No ano 2004 outorgóuselle o premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Ten a súa orixe en territorio francés —de aí a súa denominación— e entra en Galicia por unha verea ascendente que alcanza a súa máxima altura nos altos do Cebreiro. En todo o percorrido galego o camiñante poderá gozar da hospitalidade da xente, dunha rica e variada gastronomía, dun importante patrimonio artístico e, en xeral, de todo un país acolledor disposto a recibir ao viaxeiro.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Día 1

O Cebreiro - Inicio

Hotel Cebreiro - Casa Valiña
O Cebreiro / Inicio

Hotel O Cebreiro Antiga casa de aldea restaurada no ano 2000, mantendo a estrutura tradicional do edificio. Está situada ao carón dunha ermida do século IX e rodeada de pallozas.

Día 2

O Cebreiro / Triacastela - Etapa 1 (25.6 km)

O camiñante parte do alto do Cebreiro (onde se atopa o santuario de Santa María a Real do Cebreiro e o antigo hospital de peregrinos do s. IX). A ruta transcorre por Liñares, Hospital da Condesa, Padornelo, onde tivo a súa orixe a orde de San Xoán de Xerusalén, creada para atender ao camiñante, Porto do Poio, punto máis alto do Camiño Francés en Galicia, Fonfría, O Biduedo, Fillobal, Pasantes e Ramil, para finalmente chegar a Triacastela.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

Casa Pacios
Triacastela / Etapa 1

Casa Pacios É unha antiga casa rural do século XVII, situada no lugar de Vilavella, por onde pasaban os peregrinos medievais para recoller pedras calcarias que logo levaban ata os fornos de cal da Castañeda, en Arzúa, colaborando así na construción da catedral de Santiago.

Día 3

Triacastela / Gorolfe - Etapa 2 (14.4 km)

Dende Triacastela a vía transcorre por Renche, San Martiño do Real, Samos, onde o camiñante pode visitar o seu mosteiro beneditino fundado no século VI, un dos máis antigos de Occidente, e a capela do Salvador, tamén coñecida como a capela do Ciprés pola árbore que alí se encontra que xa cumpriu máis de mil anos de vida. Logo da parada en Samos continúase ata Gorolfe, destino final desta segunda etapa.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

Casa de Díaz
Samos / Etapa 2

Casa de Díaz Restaurada en 1997. Conxuga o moderno cos elementos tradicionais propios dunha construción rústica. Fornos antigos, pombal, capela do século IX, piscina e estacionamento.

Día 4

Gorolfe / Ferreiros - Etapa 3 (24 km)

Ao abandonar Gorolfe, as seguintes localidades ás que chegará o camiñante son Perros e Sarria, despois atravesará a ponte da Áspera para chegar á igrexa románica de Santiago de Barbadelo, Domiz, Lavandeira, A Brea, Morgade e, finalmente, Ferreiros e a súa igrexa románica de Santa María (s. XII).

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

O Foilebar
Paradela / Etapa 3

O Foleibar Antigo cazadoiro de lobos, de orixe centenaria. No comedor rural pódense degustar comidas a base de produtos típicos.

Día 5

Ferreiros / Lestedo - Etapa 4 (28,5 km)

A seguinte etapa iníciase en Ferreiros e continúa por Mirallos, A Pena, Rozas, Moimentos, Mercadoiro, Moutras, A Parrocha, Vilachá, lugar no que comeza o descenso cara ao río Miño, e Portomarín, onde poderá degustar o licor de augardente da zona, un dos máis recoñecidos de Galicia. A ruta continúa por Gonzar, Castromaior e a súa igrexa románica, Vendas de Narón coa súa capela da Magdalena, A Previsa, Lameiros e a capela de San Marcos, Ligonde, Eirexe, Portos, aldea situada nas proximidades do templo románico de Vilar de Donas, que pertenceu a un mosteiro, primeiro feminino (de aí o nome de Donas) e máis tarde á Orde de Santiago, rematando o final da etapa en Lestedo.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

Casa Roán
Monterroso / Etapa 4

Casa Roan Este aloxamento rural está composto de dúas antigas casas de labranza datadas a mediados do s. XVIII e remodeladas no ano 2006, preservando os sinais de identidade propios da arquitectura rural galega: eiras, hórreos, curro interior onde se realizaban as tarefas do campo, grosos muros de pedra, cubertas de lousas, teitumes de madeira de castiñeiro, fornos de pedra,…

Día 6

Lestedo / A Castañeda - Etapa 5 (27.4 km)

Partindo de Lestedo pásase polos Valos, A Brea, O Rosario, Palas de Rei, onde o camiñante poderá visitar a igrexa de San Tirso, Campo dos Romeiros, lugar de encontro de peregrinos, San Xulián do Camiño, O Mato, Casanova, Porto de Bois, Couto, primeira aldea do tramo dentro da provincia da Coruña logo de deixar a de Lugo, Leboreiro e a súa igrexa románica, Disicabo, Furelos coa súa ponte medieval, Melide, onde pode realizar unha visita ao Museo Terra de Melide, e admirar o seu cruceiro gótico, Santa María, O Raído, Boente e a súa igrexa de Santiago para chegar ao fin a A Castañeda. Neste lugar relátase a existencia duns fornos de cal que se utilizaron para a construción da catedral de Santiago.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

Pazo de Sedor
Arzúa / Etapa 5

Pazo de Sedor Edificio de finais do século XVII. Restaurado recentemente con todos os elementos e comodidades actuais. Amplos cuartos e salóns. Tranquilidade total e trato personalizado

Día 7

A Castañeda / Santa Irene - Etapa 6 (22.1 km)

Abandonando A Castañeda o viaxeiro chega ao Pedrido, Ribadiso e o antigo hospital de peregrinos, actualmente convertido en albergue, Arzúa, onde se atopan a igrexa de Santiago e a capela gótica da Magdalena, Raído, Cortobe, Ferreiros, Boavista, A Salceda, A Brea e para rematar Santa Irene, coa súa fonte e particular igrexa.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

O Muíño de Pena
O Pino / Etapa 6

Muíño da Pena Antigo muíño e serradoiro de máis de 200 anos xunto ao río Mera, no concello do Pino. Tamén se pode visitar o seu museo etnográfico.

Día 8

Santa Irene / Santiago - Etapa 7 (22.4 km)

Para chegar finalmente a Santiago o camiñante parte de Santa Irene para continuar a súa viaxe pola Rúa, última aldea antes de chegar a Arca, capital do Pino, concello inmediatamente anterior ao de Santiago, ao que o camiñante accede pola Lavacolla, onde antigamente existía a tradición de lavar o corpo no río que pasa por alí. Logo de deixar A Lavacolla, chégase ao Monte do Gozo, coñecido con este nome por ser o lugar dende o cal podían admirarse por vez primeira as torres da catedral. O casco antigo da cidade alcánzase pola rúa dos Concheiros para continuar por San Pedro, Porta do Camiño, Casas Reais, praza de Cervantes, A Acibechería e, finalmente, a catedral. Se nos encontramos en Ano Santo, seguramente o camiñante optará por entrar no santuario pola Porta Santa, aberta só durante os anos de Xubileo.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Perfil

Prezo

A ruta consta de 165 quilómetros que co Bono Iacobus se realiza en 8 días / 7 etapas. Ao final de cada etapa, o viaxeiro é recollido a pé de camiño e conducido en automóbil a un próximo aloxamento rural, no que fará noite tras unha merecida cea caseira elaborada con produtos da zona.

Pola mañá, tras un completo almorzo, achegarase ao camiñante de novo en coche ao inicio da súa seguinte etapa.

Servizos opcionais:

  • Pícnic para a etapa de cada día.
  • Traslado da equipaxe en taxi.

Prezo con cea e almorzo incluídos:

  • 1 Persoa (cuarto individual) 675 € (IVE incluído)
  • 2 Persoas (cuarto dobre) 970 € (IVE incluído)

O Bono Iacobus pode ser contratado durante todo o ano, exceptuando o mes de agosto e a Semana Santa, de forma individual, en parella ou en grupos.
Para obter toda a información adicional que necesites sobre o Bono Iacobus podes chamar ao teléfono 902 190 160 / +34 981 568 521 (*) ou enviar un correo electrónico a info@galiciaincoming.com

(*) A comercialización realízase a través de axencias de viaxes legalmente autorizadas.

 

Como chegar a Pedrafita

  • Traslado Santiago – Pedrafita do Cebreiro en autobús con frecuencia diaria e duración aproximada de tres horas e media. Horario de salidas: De luns a domingo: 08:00 - 09:45 - 14:00 – 21:30 - 23:15 – Domingos: 08:00 – 09:45 – 14:00 – 23:15
    • Compañía de autobuses: ALSA - Tel.: +34 902 422 242 - Web: www.alsa.es
    • Estación de autobuses de Santiago: C/ San Caetano, s/n – Tel: +34 981 542 416 - Web: www.tussa.org

A información sobre días operativos, horarios e duración dos traxectos é ORIENTATIVA e debe ser reconfirmada coa compañía prestataria do servizo.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba