Bono Iacobus

O Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago. Permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que dende hai séculos conducen a Santiago de Compostela, aloxándose cada día nunha casa de turismo rural diferente.

O Bono Iacobus ofrece sete rutas diferentes para gozar do Camiño de Santiago, que son: O Bono Iacobus do Camiño Francés, o Bono Iacobus do Camiño do Sudeste-Vía da Prata, o Bono Iacobus do Camiño Fisterra-Muxía, o Bono Iacobus do Camiño Portugués, o Bono Iacobus do Camiño do Norte, o Bono Iacobus do Camiño Inglés e o Bono Iacobus do Camiño Primitivo.

O prezo inclúe o aloxamento, as ceas, os almorzos e os traslados en coche desde os establecementos rurais ata o inicio e final de cada etapa.Tamén é posible contratar como servizos opcionais o picnic para o xantar do día, o traslado da equipaxe e o aloxamento en Santiago de Compostela.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba