A Fraga de Catasós, nos arredores da vila de Lalín -a medio camiño entre Santiago e Ourense-, esconde carballos e castiñeiros centenarios. Cantos coidados e aloumiños para que desen os seus froitos! As castañas serviron de sustento nos longos meses de inverno de outrora e coa madeira dos seus estilizados troncos fabricáronse as vigas dos pazos destas terras do Deza.

Protexidos baixo a figura de Monumento Natural, agora medran fachendosos cara ao ceo e pasan por ser dos exemplares máis altos de Europa. Un curto paseo alfombrado de follasca levaranos a coñecer os recunchos íntimos desta fraga, reduto do bosque caducifolio que outrora cubría boa parte da xeografía galega.

Ruta da Fraga de Catasós
Punto de inicioTipo de rutaKmDuración estimadaDificultade en progresiónDificultade en orientación
Quintela (Lalín)Circular1,21 h.BaixaBaixa
PERFIL: Todos os públicos

O paseo a través da Fraga de Catasós é sinxelo e está moi ben sinalizado. Os diferentes paneis informativos faranvos a visita moito máis enriquecedora, posto que vos facilitarán información máis que suficiente para comprender o interese desta fraga, modesta na súa extensión, pero intensa en canto forza e beleza do seu arboredo.

Atención aos altos e esveltos carballos e castiñeiros que habitan a fraga! Un paseo curto e sinxelo á vez que espectacular e didáctico, ideal para familias.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba
Axúdanos a mellorar!