Que é un balneario? Comecemos polo principio… Os balnearios son instalacións que traballan con augas  mineromedicinais declaradas de utilidade pública. Esta é a diferenza con outros establecementos de benestar que traballan con auga: os centros de talasoterapia, que utilizan auga de mar, e os spas, que empregan auga corrente. Ademais, os balnearios teñen como principal finalidade os tratamentos terapéuticos e preventivos para a saúde.

Estás en boas mans. Galicia leva milenios sacando partido dos mananciais, fontes de saúde e tamén de ritos e lendas. Hoxe, esta tradición depúrase co saber científico: un coñecemento da composición química de cada auga e os seus efectos sobre a saúde. Prepara a túa escapada de benestar sabendo que, ademais de descansar e gozar, estás a coidar a túa saúde

Galicia interior

Descobre as paisaxes de Lugo. O balneario da cidade romana eríxese sobre as termas de época imperial; os prados e paisaxes abertos da Terra  Cha ou a Ribeira Sacra do Miño… todos eles parecen escenarios perfectos para acompañar aos tratamentos e levarnos lonxe do cotián. A provincia de Ourense leva anos renovando as súas instalacións e posicionándose como gran polo termal; preto da capital, ou xa na fronteira con Portugal, xorden instalacións nas que tratarte dunha ampla gama de doenzas. Vila de Cruces (Pontevedra), tamén se suma, desde o centro de Galicia, a esta proposta para coñecer a Galicia interior mentres te coidas.

Máis información:

    Arnoia  Caldaria Hotel Balneario***. Arnoia. www.caldaria.es
    Balneario Baños dá Brea**. Vila de Cruces. www.balneariodabrea.com
    Balneario de Baños de Molgas*. Baños de Molgas. www.balneariodemolgas.com
    Balneario de Caldas de  Partovia. O Carballiño. 988 273 057
    Balneario de Guitiriz****. Guitiriz. www.balneariodeguitiriz.com
    Balneario de Lugo – Termas Romanas***. Lugo. www.balneariodelugo.com
    Balneario de  Sousas. Verín. 988 410 230
    Gran Balneario do Carballiño. O Carballiño. 988 270 926
    Laias  Caldaria Hotel Balneario****. Cenlle. www.caldaria.es
    Lobios  Caldaria Hotel Balneario****.Lobios. www.caldaria.es
    Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort****. Pantón. www.augassantas.es
 

Preto da Costa

Son moitos os balnearios situados a poucos quilómetros do mar que che permiten facer escapadas á costa entre tratamentos. Podes establecer a túa base de operacións preto da agreste e espectacular Costa da Morte nas máis suaves Rías Baixas. Tes ao teu alcance todos os servizos e as propostas de lecer das cidades e dos grandes centros turísticos da Galicia Atlántica para que non che falte de nada.

Máis información:

Balneario Acuña**. Caldas de Reis. www.relaistermal.com
Balneario Caldelas de Tui**. Tui. www.balneariodecaldelas.com
Balneario de Carballo**. Carballo. www.balneariodecarballo.com
Balneario Dávila**. Caldas de Reis. www.balneariodavila.com
Blaneario de Mondariz****. Mondariz. www.balneariodemondariz.com   
Eurostars Gran Hotel da Toja***. O Grove. www.eurostarsgranhotellatoja.com
Hotel Balneario de Compostela*** SUP. Brión. www.hbcompostela.com
Hotel  Eurostars Illa da Toja***. O Grove. www.eurostarsisladelatoja.com
Termas de Cuntis****. Cuntis. www.termasdecuntis.com

Arriba