Visualizacion: intro
Plantilla: miradoiros

VALES, RÍOS E MONTAÑAS

De Aquis Querquennis a A Portela do Home... herdanzas romanas na Baixa Limia
Miña Virxe do Xurés,
que tan alta se foi pór,
entre toxos e carqueixas
e carballos darredor
Cantigueiro popular da Baixa Limia, Xaquín Lorenzo

O legado romano está moi presente na Baixa Limia. A cada paso, o rico patrimonio herdado da presenza de Roma nestas terras xorde en combinación cuns salientables valores naturais e paisaxísticos. O agradable percorrido polo val do Limia achéganos a estes recunchos da xeografía galega, revivindo os pasos históricos pola serra do Xurés, que dan paso a Portugal.

Descarga a ruta
Aquis querquennis
Antonino

A Baixa Limia es una comarca de gran identidad. Lugar de paso desde antiguo, el valle del río Limia fue eje de comunicaciones llegando a la actualidad numerosos vestigios de su relevancia.

Aquis Querquennis es un conjunto arqueológico que ejemplifica la importancia del legado romano en la zona. Localizado en Porto Quintela en la ribera del río Limia, se trata de un campamento militar de planta rectangular y gruesos muros. Dos de las entradas están recuperadas al igual que el cuartel general o Principia.

Cuenta con una serie de muros, vías interiores y canales de drenaje, si bien parte del yacimiento fue cubierto por las aguas del embalse de As Conchas (construido en 1949). Las excavaciones muestran una ocupación de unos cincuenta años (79 d. C. - 120 d. C.). Su posición en plena Via Nova parece indicar que actuó como base de operaciones de esta importante arteria. El complejo cuenta además con una mansio, (construcción vinculada al aspecto viario y que realizaba la función de lugar de descanso) y unas termas. Un moderno centro de interpretación permite un mejor conocimiento del yacimiento que es de acceso libre.

De Aquis querquennis a Lobios

El antiguo trazado de la Vía Nova sirve ahora como eje fundamental de nuestro recorrido. Partiendo de Aquis  Querquennis, el curso del río Limia nos lleva hacia la presa del embalse de As Conchas. Al poco, río abajo, la cola del pantano de Lindoso (Portugal) embalsa de nuevo sus aguas. Un moderno puente nos llevará al desvío hacia Lobios, municipio relevante en la zona.

De Lobios ao Parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Xures

A partir de aí a tranquila estrada diríxese cara Os Baños, singular complexo termal nas ribeiras do río Caldo e que xa era utilizado polos romanos polo seu contraste entre augas frías e quentes. As aldeas tradicionais coas súas coidadas terrazas de cultivo van deixando paso a unha paisaxe de serra dominada polos piñeirais e os afloramentos rochosos. Pequenos regos, denominados corgas nesta zona, baixan dos montes e caen abruptos polas costentas ladeiras. A Corga da Fecha é a máis coñecida de todas elas.

En plena serra do Xurés, e tras unha pequena que pontella que supera o río Caldo, atopamos un conxunto de miliarios (sinais de medida viaria de época romana) e un tramo reconstruído da Vía Nova que convida ao paseo.

Chegada á A Portela do Home

A chegada á Portela do Home marca o punto final da ruta pero tamén a entrada a Portugal. Paso de montaña mítico da xeografía galega, os seus 822 metros son o punto máis ao sur de Galicia. A paisaxe envolve a escena na vella fronteira, compartindo ambas beiras unha natureza sen par.

Non te podes perder

Miradoiro da Corga da Fecha

As "corgas" son correntes de auga que baixan dos montes. Na Baixa Limia "corga" é un termo moi utilizado, sendo numerosos os exemplos de regatos que caen polas paredes graníticas da serra do Xurés. 

O Fecha é un pequeno rego afluente do río Caldo. Fecha significa “rego” polo que Corga da Fecha vén a designar algo así como “curso de auga do rego”. Á súa vez recibe augas doutras corgas como Carballón, Curro ou Revolta. Esta confluencia de augas de montaña ten singularidade estacional, sendo o inverno e a primavera o momento de maior espectacularidade polo aumento de caudal.

A Corga da Fecha é chamativa. Máis de douscentos metros de desnivel convértena nunha das principais caídas de auga de Galicia. Diversos chanzos na rocha van deixando caer a auga cara o seguinte nivel nunha sucesión de fervenzas encadeadas.

Na estrada de subida á Portela do Home existe un miradoiro habilitado para a observación da Corga da Fecha dende unha certa distancia, o que permite apreciala na súa totalidade e entender o seu contexto xeográfico e paisaxístico.

Arriba
Axúdanos a mellorar!