PARQUE NATURAL SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

Paisaxe mediterránea en Galicia

tb://14954/plano.png
Unha excepción na paisaxe galega
Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra

O seu nome responde a unha grande aciñeira que disque servía como punto de referencia para os viaxeiros

Quedarás sorprendido polo seu clima mediterráneo e os seus solos calcarios. As augas do Sil deron forma a interesantes paisaxes e elementos froito da erosión,  entre os que caben destacar as palas ou covas que forman a maior rede de cavidades de Galicia. Ademais do interese que estas covas teñen para os espeleólogos, os historiadores atoparon nelas restos arqueolóxicos de diferentes civilizacións: da Idade de Bronce, das épocas romana e medieval.

Un dos recursos naturais do Parque, intensamente aproveitado para a actividade económica, foi a pedra calcaria, da que se extraía o cal vivo utilizado na construción como base para a argamasa e para encalar as vivendas.

Deste espazo protexido destacamos os lugares de Covas e Biobra, onde se localiza o Centro de visitantes.

ACCESOS: O acceso máis frecuente ao terreo protexido faise mediante a N-120, entre Ponferrada e Ourense, que atravesa o Parque facilitando a chegada ao centro de visitantes en Biobra.
tb://14955/prismaticos.png

Enciña da Lastra Birding

Galicia Birding en Serra da Enciña da Lastra

Mira ao ceo e recoñece  o valor deste espazo  identificando as diferentes  especies de aves que o habitan

Quéreste converter nun experto ornitólogo?

Os canóns e cantís fluviais fan do Parque un interesante refuxio de varias especies, entre as que destacan as aves de rapina como o voitre branco, a aguia real e o falcón peregrino, pouco habituais no noroeste ibérico. Os expertos confirmaron que este lugar acolle a maior concentración de aves nidificantes de Galicia, así coma grandes colonias de morcegos nas numerosas covas existentes.

Descarga no teu teléfono móbil a aplicación gratuíta “Birding Galicia” e desfruta das catro rutas que che propoñen neste espazo protexido. Dúas delas poderalas realizar en coche e dous camiñando, para poder iniciarte no mundo da ornitoloxía.

tb://14956/sendeirismo.png

Sendeirismo por Enciña da Lastra

Sendeirismo por Enciña da Lastra

Descubre o pracer de perderte sabendo en todo momento cal é o teu destino

A Ruta Val do Sil, entre Vilardesilva e Covas, discorre pola marxe dereita do río en dirección ao canón fluvial, permitindo descubrir as incribles gargantas que encoran as augas e lles serven de lugar de caza ás aves rapaces.

A ladeira norte dos Penedos de Oulego é unha das panorámicas imprescindibles no Parque e poderás contemplala ao longo da Ruta Tras os Penedos, que arrinca dende a área de descanso de Caprada e se interna nun bosque de densa vexetación ata a base destas formacións rochosas.

  Dificultade Distancia Tempo Tipoloxía
Ruta Val do SilBAIXA / MEDIA5 Km1,30 hLINEAL
Ruta Tras os PenedosBAIXA1,5 Km25 minCIRCULAR
Ruta Soutos Baixo Pena FalcueiraMEDIA / ALTA3,9 Km1,45 hCIRCULAR
Ruta do “Caleiro“MEDIA / ALTA6 Km3 hLINEAL
Ruta do Real de OulegoMEDIA4 Km2,30 hLINEAL
Ruta da Vía RomanaMEDIA8,6 Km3,30 hCIRCULAR
Ruta da Ermida de Santo EstevoMEDIA6 Km3 hCIRCULAR
Ruta das GalegasMEDIA6,8 Km3 hLINEAL
Ruta das Dúas VertentesMEDIA4 Km1,30 hCIRCULAR
Ruta Baixo de PáramoMEDIA4 Km2 hCIRCULAR
tb://14957/flor.png

Descubrindo orquídeas

Parque Natural de Serra da Enciña da Lastra

Na primavera recoñece as diferentes especies que florecen ao longo de todo o Parque

O clima mediterráneo e as condicións do solo son os culpables de que na túa visita poidas contemplar unha das maiores concentracións de orquídeas de Galicia.

Acompañados dun guía especializado, convidámoste a descubrir a floración desta planta a través dunha ruta interpretativa para que poidas aprender a identificar máis de 25 especies.

Recomendámosche  que  escollas  as  épocas de primavera e verán, cando estas pequenas flores sorprenden  pola súa beleza  e  vistosidade.  Entre  as diferentes  especies,  e  facilmente  recoñecible, figura a ophrys;  esta pequena flor  simula  o corpo dunha femia de abella.

Estas flores, moi recoñecidas no mundo ornamental e tan descoñecidas no forestal, han sorprenderte pola súa exquisita  beleza  e  pola súa maneira de chamar a atención.

MÁIS INFORMACIÓN EN:

Centro de Visitantes do Parque natural Serra da Enciña da Lastra Praza dos Bolos s/n
32004 Rubiá.
Contactar antes:
T. 988 386 376 · 988 386 029

Descarga do folleto Descarga aquí o folleto en formato PDF
Aloxamentos | Restaurantes | Turismo activo e deportivo
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Non deixes de ver
Non deixes de ver
Unha selección de catro visitas obrigadas que non te deixarán indiferente e que encarnan a esencia do Parque natural Serra da Enciña da Lastra
Os 9 miradoiros
Os 9 miradoiros

A  forma  máis  fácil  de  admirar  a  paisaxe  do  Parque. Destacan  os  miradoiros  de  Caprada  en Oulego,  Alto da Escrita en Biobra, Tanque de Covas e a Portela en Vilardesilva.

A orquídea
A orquídea

A maior concentración desta planta no territorio galego. 25 especies diferentes que poderás coñecer se contratas os servizos dun guía ou te apuntas ás visitas gratuítas que se organizan nalgunhas ocasións.

Árbore singular
Árbore singular

Non deixes de achegarte a un terreo próximo ao cemiterio de Covas para admirar unha grande aciñeira que conta co recoñecemento de Árbore Singular.

Patrimonio Etnográfico
Patrimonio Etnográfico

Visita as aldeas que se atopan dentro do parque ou nos seus límites e que esconden un gran patrimonio etnográfico: fornos comunais, muíños, alvarizas, fontes e lavadoiros, pombais e casas tradicionais.

Arriba