Mananciais de Galicia

GALICIA É AUGA.

Galicia é o principal destino termal de España. O número de mananciais existentes na comunidade supera os 300, o que a converte nunha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais, que xa explotaban os romanos.

Os nosos balnearios contan cunha longa tradición como centros terapéuticos, de relax e de lecer.

A auga do mar tamén posúe múltiples beneficios para relaxar corpo e mente. Nos talasos concéntranse todas esas bondades. Ademais da auga, os tratamentos con algas, barros e sales mariñas, combinadas con outros produtos como o viño ou o chocolate, proporcionan unha vivencia estimulante.

En Galicia o mar ofrece os peixes e mariscos máis selectos do mundo, garda tesouros somerxidos no seu océano, as súas illas innumerables lendas. E a auga conforma paisaxes de singular beleza, onde os viñedos atopan as condicións ideais para producir excelentes viños.

Ofrecémosvos experiencias turísticas termais para vivir Galicia dunha maneira diferente, a través da auga, conxugando o mellor da nosa terra co descanso en balnearios e talasos.

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba