Relaxarémonos nas augas mineiromedicinais dos balnearios, faremos un percorrido en catamarán polo Miño, coñeceremos adegas e mosteiros e chegaremos ao barrio xudeu de Ribadavia.

As adegas que se propoñen neste itinerario son un exemplo das moitas que podedes atopar ao longo e ancho do territorio que forma a Denominación de Orixe, dende as modernas e grandes como a da Cooperativa do Ribeiro ás máis pequenas, de colleiteiro, cun trato máis familiar e próximo.

O Ribeiro é a comarca produtora de viño máis ancestral de Galicia. Os ríos Miño, Arnoia, Avia e Barbantiño conflúen nela, deixando ao seu paso unha frondosa vexetación de ribeira intercalada con viñedos e hortas. Nas súas ladeiras disemínanse igrexas, mosteiros, pazos, castros e xuderías, así como fontes termais, que resucitan nunha nova idade de ouro para os seus balnearios.

Máis información...
- Adega Pazo de Casanova. www.pazocasanova.com
- Adega Viña Meín. www.vinamein.com
- Balneario da Arnoia. Teléfono: 988 492 400
- Balneario de Cortegada. Teléfono: 988 483 276

Arriba