Patrimonio oculto

Coñecer o Patrimonio Oculto de Galicia é a mellor maneira de achegarse ao segredo que tan celosamente esta terra garda.

A idea de Galicia asociase co verde, coa auga, un mar embravecido, o son da gaita e algúns elementos patrimoniais tan recoñecidos como a Catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou a Muralla de Lugo.

Pero hai moito máis que Galicia ofrece e está por descubrir, pois é unha terra de pequenas vilas que albergan as súas propias xoias tanto artísticas coma etnográficas: pequenas igrexas (moitas delas xoias do románico) pertencentes a antigos mosteiros na máis recóndita paisaxe rural, as súas eiras e muíños que parecen detidos no tempo, castros e petróglifos que nos levan a imaxinar a vida dos nosos máis remotos antergos, castelos e fortalezas aínda en pé que nos transportan á magnificencia doutros tempos.

Perderse na Ribeira Sacra ou no Ribeiro e coñecer unha parte do seu patrimonio relixioso, que é inmenso, coñecer algunhas das meirandes concentracións de hórreos de Galicia, dar un salto no tempo e coñecer castros ou dolmens tan impresionantes como Santa Trega ou Dombate

Estes son só unha pequena mostra de todo o que hai por descubrir en Galicia, ¿por que non tratades de desvelar o seu segredo?

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba