O obxecto deste concurso é o deseño da imaxe publicitaria para promocionar as “9 as e 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia”, acción desenvolvida por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños galegas, coa finalidade de promocionar e contribuír ao desenvolvemento turístico das cinco zonas vitivinícolas de Galicia.

Turismo de Galicia, consciente da tradición desta Bienal, considera que a mesma é de grande interese para a promoción turística de Galicia e, en particular, do enoturismo.
Tomarán parte neste certame os autores dos carteis finalistas e premiados da Bienal Internacional de Carteis Terras Gauda | Concurso Francisco Mantecón seleccionado previamente polo xurado.
Valorarase fundamentalmente a fácil identificación da imaxe co “Enoturismo e Galicia” e a orixinalidade da creatividade.
Ademais de informar sobre as datas e lugares de celebración das Xornadas, no cartel deben figurar, axeitadamente colocados, os  logos institucionais da Xunta de Galicia e das cinco Asociacións das Rutas dos viños galegas.
A efectos de ter información necesaria para a colocación dos  logos, achégase dossier informativo e os carteis promocionais  das anteriores edicións.

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba