6 rutas únicas en ferri-catamarán.

6 rutas para descubrir Galicia dende o mar.

Agora coñecer Galicia dende o mar é posible. Seis rutas diferentes polas Rías Baixas que permiten gozar durante un día da sensación de paz e de beleza das illas galegas, das lendas das súas vilas mariñeiras e das súas paisaxes históricas. A través deste novo programa coñecerás Galicia dun xeito diferente, aprendendo e descubrindo o mellor das súas rías: a súa xeografía, a súa gastronomía e a súa historia.

Por só 70€ ao día descubrirás Galicia a golpe de timón e catarás os sabores do noso mar porque a viaxe inclúe aperitivo e almorzo a bordo. Ven en xullo ou agosto e benefíciate dun 2x1.

  • Ruta 1. Ría de Vigo. Un cruceiro con saída e regreso a Vigo ofrécenos a oportunidade de coñecer a que, segundo o prestixioso xornal británico The Guardian, é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas nas Illas Cíes.
  • Ruta 2. Ría de Vigo. De Vigo a Vigo navegando polo interior da súa ría. Con esta ruta faremos unha viaxe pola historia, dende a enigmática batalla de Rande, que descubrirás na visita ao Centro de Interpretación de Meirande, un novo edi cio de atrevido deseño dentro dunha antiga fábrica de salgadura, á revirada historia da Illa de San Simón.
  • Ruta 3. Ría de Pontevedra. O cruceiro parte da vila máis cosmopolita das Rías Baixas, Sanxenxo, para dirixirse cara ao interior da ría ata a cidade de Pontevedra. A Boa Vila vaite sorprender cunha zona vella das mellor conservadas de Galicia.
  • Ruta 4. Ría de Pontevedra. Dende Sanxenxo cruzaremos á outra beira da Ría de Pontevedra ata a vila de Bueu. Aquí poderemos coñecer a historia da industria do mar e a explotación dos seus recursos durante a visita ao Museo Massó.
  • Ruta 5. Ría de Arousa. Escollemos como porto de saída a illa máis exclusiva da costa galega, a Illa da Toxa, para navegar ata Cambados, a capital do viño albariño. En Cambados descubrirás
    a historia desta fermosa vila  dalga ademais dos segredos que fan do albariño unha xoia para o padal.
  • Ruta 6. Ría de Arousa. Partindo da Illa da Toxa bordearemos o litoral cara ao interior da ría ata Vilanova de Arousa, vila literaria e berce de grandes escritores como son Valle Inclán e os irmáns Julio e Francisco Camba.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba