Saídas garantidas de xullo a novembro de 2017

Descubre as marabillas de Galicia desde as súas rías

Para descubrir os tesouros das Rías de Galicia ofrécense catro minicruceiros. Estes minicruceiros permiten con diferentes duracións, de un ata seis días, coñecer as vilas históricas e mariñeiras das Rías Baixas; gozas das súa illas, pertencentes ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e mesmos facer parte do Camiño de Santiago.

Poderase visitar os xardíns dos pazos da Ruta das Camelias e probar os viños pertencentes á D.O. Rías Baixas nas súas propias adegas. Tamén se poderá revivir a Batalla de Rande, recordada por Jules Verne na súa novela “20.000 leguas baixo dos mares”.

Galicia “minicruceiro costeiro polas rías”  (cunha duración de seis días / cinco noites)
Con visitas e percorridos por:

  • Ría de Arousa: illa de Sálvora e Ribeira
  • Ría de Arousa e Santiago de Compostela
  • Ría de Pontevedra e illa de Ons e Bueu
  • Ría de Pontevedra: Marín e Pontevedra


Minicruceiro costeiro illas Atlánticas e vilas mariñeiras. Ría de Vigo
(duración un día)
Dúas rutas alternativas:

  • Baiona e as illas Cíes
  • Rande e a illa de San Simón


Minicruceiro costeiro a vela “Ruta Xacobea Mar de Arousa”
(cunha duración de dous días / unha noite)
Con visitas e percorridos por:

  • Ría de Pontevedra
  • Ría de Arousa e actividades opcionais


Minicruceiros costeiros a vela Tesouros da Ría de Vigo
(duración de un día)
Dúas rutas alternativas:

  • Illas Cíes
  • Rande e illa de Simón

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba