A comunidade galega foi unha das primeiras en adoptar este sistema de calidade no sector turístico. Na actualidade é unha das máis activas en canto ao número de establecementos e servizos certificados. Galicia pasou das 13 organizacións recoñecidas co Q de Calidade Turística en 2003 ás 274 coas que pechou o ano 2015.

A Axencia Turismo de Galicia fomenta a promoción e implantación do Q Calidade Turística entre o sector turístico galego:

  • Colectivamente: a través dun acordo co Clúster Turismo de Galicia para desenvolver accións de fomento e consultoría.
  • Individualmente: cos propietarios das empresas turísticas que se adhiren por medio de axudas para afrontar os custos das certificacións individuais.

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba