A lamprea habita nos ríos galegos desde hai máis de 500 millóns de anos. Coñecida coma "a vampiresa da auga" ou "a raíña do río", a lamprea é un dos primeiros vertebrados dos que hai constancia na Terra.

Vive no planeta desde antes de que a especie humana existise, e é anterior incluso aos mesmos dinosaurios.

A fama que ten a lamprea no eido internacional non só é atribuíble á calidade do produto, senón tamén á forma artesanal da súa captura. Dependendo do río e da localización no seu curso, utilízanse diferentes sistemas de captura, entre os que atopamos as pesqueiras, os rodeiros, as gamelas ou as estacadas. E, segundo a arte de pesca asociada a cada un deles, falaremos de butróns, de cangallas, de redes, de nasas ou de fisgas.

Itinerarios propostos

  • No río Tambre
    • Os rodeiros do Tambre
  • No río Ulla
    • As pesqueiras do Xirimbao
    • Sabor a lamprea e pemenos de Padrón
    • Os baleiros do Ulla
  • No río Miño:
    • Crecente, mirando cara o Miño
    • Lampreas e pesqueiras en Arbo
    • Arbo, auga e pedra máxica
    • As Neves, o sol do Condado
    • Salvaterra, un xardín sobre o Miño
    • As estacadas do río Tea
    • A pesca de lamprea no tramo final do río Miño

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba