A posta en escena da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo que ten lugar na pequena parroquia de Santa María de Paradela (Meis, Pontevedra) sorprende gratamente polo esmero da posta en escena, o coidado do vestiario e dos escenarios onde descorren os actos.

A calidade da interpretación dos actores logra transmitir ao público o sentimento profundo da fe cristiá. Por iniciativa da Confraría de Semana Santa e Pascua, nacida en 1993, todos os fitos que marcan as horas previas á morte de Xesús Cristo e a súa posterior resurrección son coidadosamente representados. O público participa activamente, o que contribúe a darlles aínda maior realismo ás escenas. Así, a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén ao lombo dun burro o Domingo de Ramos, a bendición de ramos e a procesión desde o Campo de Outeiro ata a igrexa parroquial é a primeira dunha serie de representacións que, alternadas cos actos litúrxicos propios destas datas, se suceden o Xoves Santo, o Venres Santo, o Sábado Santo e o Domingo de Resurrección.

Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

O xoves pola noite, tras a liturxia, ten lugar a posta en escena da Última Cea, o lavatorio de pés, o prendemento de Xesús e o seu xuízo ante Caifás. Na mañá do venres, veciños e visitantes concéntranse diante do adro da igrexa parroquial para asistir á representación do xuízo de Xesús ante Poncio Pilatos e Herodes e á flaxelación, e participar a continuación nun realista e emotivo Vía Crucis ata o Monte da Croa, onde se representa a crucifixión.

Arriba