Gozarás da oportunidade de descubrir novas paisaxes, paseando polas vilas e as cidades galegas.

O Galicia Rail Pass ofrece descontos para as familias numerosas e descontos e/ou entradas gratuítas aos museos máis destacados das sete principais cidades galegas..

O GALICIA RAIL PASS permitiráche utilizar os trens de servizo rexional, media distancia convencional, longa distancia e Avant da rede de RENFE en Galicia cantas veces queiras durante tres días. Ao longo do ano podrás facelo en fins de semana (de venres a domingo), pontes e festivos; e na tempada de verán (entre o 1 de Xuño e o 30 de Setembro, ambos inclusive), poderás utilizalo calquera día da semana. Este bono ten carácter persoal -polo que non se pode ceder o seu uso- e o seu periodo de validez é de 3 días (contados dende a data de compra na tempada de verán; durante o resto do ano será válido dende a data de formalización da primeira viaxe). O GALICIA RAIL PASS o poderán adquirir todos aqueles peregrinos que cheguen a Santiago e obteñan a “Compostela”, así como todos os turistas que cheguen a Galicia en tren de longo percorrido. Tamén poderán disfrutalo aqueles que adquiran un billete para calquera dos Trens Turísticos de Galicia. Con este bono poderás beneficiarte de prezos reducidos e/ou entradas gratuitas aos museos máis salientables das sete principais cidades galegas. Poderás adquirir o teu bono nos puntos de venda das estacións de RENFE, en www.renfe.com (mediante a inclusión do código de venda do billete de Longa Distancia) e en axencias de viaxes. Este verán sube ao tren, esquece o coche e disfruta Galicia.

Máis información sobre a política comercial de RENFE en www.renfe.com

Información ao cliente:
912 555 912

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba