Con este tren achegaraste ao Versalles galego, o barroco pazo de Oca, onde poderás gozar dun paseo polos seus impresionantes xardíns

Posteriormente adentraraste no medioevo visitando o mosteiro benedictino de Carboeiro, un dos mosteiros galegos convertido nos últimos tempos en plató cinematográfico. No Carballiño poderás visitar un símbolo da localidade, o Templo da Veracruz ou achegarte ata o Gran balneario e dar un paseo seguindo o curso do río Arenteiro. Despois de xantar visitarás o mosteiro de Oseira, o primeiro mosteiro cisterciense de Galicia. Rematarás pracidamente a viaxe relaxándote nas augas termais do balneario de Caldas de Partovia.

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba