Con este tren viaxarás dende A Coruña ata Lugo. Esta cidade é coñecida pola súa muralla romana, que se conserva enteira dende que foi construída no século III.

Foi declarada Patrimonio da Humanidade. Visitarás o Centro de Interpretación da Muralla e o xacemento romano da Domus do Mitreo e pasearás polo casco histórico da cidade. Nesta viaxe tamén poderás coñecer parte da nosa riqueza termal coa visita ao Balneario de Lugo, onde gozarás das súas termas romanas e a súa piscina termolúdica.

Esta ruta contará coa participación especial de personaxes doutros tempos, que aparecerán entre as tebras das lendas e historias destas terras

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba