Durante este percorrido envolverate o misterio da Ribeira Sacra.

Con este tren descubrirás outra Ribeira Sacra, quizais non tan coñecida pero igualmente abraiante.  Visitarás o convento das Bernardas, onde poderás adquirir a súa repostería artesanal e saboreala mentres te achegas ao Ecomuseo Arxeriz, espazo onde se combinan a etnografía, a historia e a natureza da Ribeira Sacra. Xa pola tarde chegarás ata o “Cabo do mundo” a bordo dun catamarán que te paseará polo río Miño, nunha espectacular travesía chea de aires románicos. Despois gozarás de estampas da viticultura heroica na adega Vía Romana, ubicada nunha casa solariega do século XVI que  debe o seu nome á calzada romana que unía Astorga con Braga.

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba