Este tren convídache a aproximarte ás paraxes das Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras.

No río Sil embarcarás nun catamarán que te levará ata a contorna do Mosteiro de Santo Estevo. Continuarás a xornada degustando un viño da Denominación de Orixe Valdeorras na adega A Coroa. E xa pola tarde terminarás a visita respirando o barroco galego no Santuario das Ermidas, situado nun enclave de gran beleza natural, no estreito e fermoso val que forma o Río Bibei. Tamén coñecerás outra histórica estación de ferrocarril, a dos Peares, na que poderás visitar o seu museo ferroviario.

 

Información ao cliente:
912 555 912
www.renfe.com

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba