Nesta viaxe gozarás dun paseo a bordo do tren motorizado “Aba Sacra”, que te levará ata a adega Regina Viarum. En Monforte de Lemos empaparaste da viticultura heroica no Centro de Interpretación do Viño. Despois de xantar, o tren levarate ata o gran mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, onde te embarcarás nun catamarán para percorrer o fantástico “mar interior” que forman neste lugar as augas embalsadas do río. De volta no mosteiro, entre os seus claustros un monxe moi especial enmeigarate cunha esotérica “queimada”. Rematarás a xornada visitando á Aula do Ferrocarril dos Peares.

Información ao cliente:

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba