Camelias do crepúsculo...

Camelias confeitadas. Se o parque do Castro en Vigo é coma unha gran rosca chantada no corazón da zona urbana, as súas camelias non poden ser outra cousa que camelias confeitadas.

Dende o cume do que fora castro celta, entre os vestixios de todos os pobos que se apousentaron neste monte ao longo dos séculos, as camelias, quer dicir, as «camelias confeitadas», dominan cada inverno o ir e vir dos barcos pola boca da ría.

E asisten aos cambios de cor e, sobre todo, de humor do grande océano, estradas entre os claroscuros deste singular xardín botánico.

Hainas que comparten a súa curiosidade coas laranxeiras, e se cadra cun ciprés que parece estar chorando, pois un camelio de cor rosa moi mesto veloulle o horizonte; un camelio portugués e venerable coma outros tantos exemplares tamén lusos que ascenden pola costa ata alcanzar os restos dun castelo e un miradoiro que chaman das «áncoras», onde cravar á vez o pensamento e mais a ollada sobre un sol que se afasta no mar ancho tinguido dunha intensa cor vermella.

Empardece, pois, e as camelias deveñen: Camelias do crepúsculo.

Información visitas:
+34 986 810 306

Enlaces relacionados...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Xunta de Galicia

© 2016 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba